lunes, 10 de diciembre de 2012

RECEITAS DE NADAL

Aquí deixamos un novo libro de receitas, esta vez dedicado ao Nadal e receitas de inverno.
Esperamos que vos guste e moitas gracias polas vosas aportacións.
FELIZ ANO NOVO!

OS LIBROS DE RECEITAS DE OUTONO E NADAL PODEDES DESCARGALOS NA PÁXINA WEB DO NOSO CENTRO:

http://centros.edu.xunta.es/ceiplopedevega/

EN ACTIVIDADES DOS ALUMNOS/  DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


 


miércoles, 5 de diciembre de 2012

NADAL: O Apalpador


O Apalpador

Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador. Vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguita ás meniñas e aos meniños por ver se comerán ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.


Caracterízase por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.


Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación da memoria do noso país, das nosas tradicións. Tamén está moi relacionado co tema do consumo solidario e responsable.

jueves, 29 de noviembre de 2012

SESIÓN DE REGUEIFA

O mércores, 28 de novembro visitáronnos Luis O Caruncho máis Pinto de Herbón, dous regueifeiros de moita sona, para ensinarmos a facer Regueifas.
Aprendemos a sua orixe, como rimalas e cantalas e, ademais, foi unha experiencia moi divertida.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra:


martes, 20 de noviembre de 2012

RECEITAS DE OUTONO


  Dentro da actividade  "AS RECEITAS DOS AVÓS", que ten como obxectivo recuperar e por en valor a nosas receitas tradicionais, os productos galegos e unha forma de comer sa e natural, mostramos a noso primeiro libro:
                                                        RECEITAS DE OUTONO
En pouco tempo editaremos o segundo libro de receitas adicado ao Nadal.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
BO PROVEITO!


lunes, 12 de noviembre de 2012

SAMAÍN NO COLE

                        O pasado 31 de outubro celebramos a festa do Samaín no noso centro.
                           Aquí vos deixamos unha mostra das actividades levadas a cabo.

 

martes, 16 de octubre de 2012

CAMIÑO DA LINGUA


O luns, día 11 de outubro recibimos unha visita de animadores enviados pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo

Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria disfrutaron das actividades de Camiño da Lingua nun proxecto que inclúe probas lingüísticas, culturais e xogos onde o vínculo é a Lingua Galega.

O taboleiro de xogo simula o coñecido xogo da oca pero tematizado con monumentos e lugares emblemáticos da cidade de Vigo.

Os alumnos e alumnas superaron unha serie de probas lingüísticas, culturais e lúdicas para conseguir o preciado "Tesouro de Rande".

Foi moi interesante e divertido. Serviu para potenciar o uso da nosa lingua e para coñecer a cidade onde vivimos.

A FESTA DO SAMAÍN


O SAMAÍN

 
¿QUE É UNHA CABACEIRA?
A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas.
Soe plantarse a primeiros de verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia.
Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucurbita pepo ou cabaceira común.
 




USOS DAS CABAZAS

         Os usos desta especie son moi variados, sendo a mantenza do gando a principal de todos eles. Así mesmo en moitas zonas de Galicia aproveitase para o consumo humano, facendo doces e potaxes para o que se aproveitan as máis maduras de todas elas. Este costume culinario tamén se atopa no mundo británico. Da súa cortiza pode extraerse tamén un aceite vexetal. Así mesmo, as pebidas enxoitas e salgadas son aproveitadas para o consumo humano e tamén hoxe en día véndense en moitas tendas para o seu consumo como outros froitos secos.


A FESTA DO SAMAÍN

         Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
 

         Os Celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:
·             1 Febreiro en honra a deidade Imbole.
·             1 Maio en honra a deidade Beltain.
·             1 Agosto en honra a deidade Lungh.
·             1 Novembro en honra a deidade Samaín.
         O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis como un botín de guerra coma o cerne dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica sa súa pantasma".
 
         Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os Celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.
Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.
¿CÓMO SE FAI UNHA CAVEIRA?
A técnica do tallado da caveira é ben sinxela. Empézase facendo unha incisión superior semellante a unha boina. Afástase este bonete, límpase por dentro axudándose dun raspador, toda a polpa e os farrapos de onde colgan as pebidas ou sementes do froito. Tendo o interior ben limpo e rebaixado fanse dous furados para os ollos, outro para o nariz e outro para a boca. Pódese rematar poñéndolle uns pauciños nos beizos a xeito de dentes e prendendo unha vela no seu inteiror co coidado de colocala convintemente para que non caia.
 
 
        
 
   
 
 
 
 
 
 
 
 

 


 

sábado, 13 de octubre de 2012

SAMAÍN

                   
             Cando remate outubro celebraremos a festa de samaín.  

            Deixámosvos este vídeo e si queres pasar medo non
            se che ocurra faltar.

jueves, 11 de octubre de 2012

É BO APRENDER GALEGO



Este tríptico foi elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega  da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. 

martes, 29 de mayo de 2012

SOMOS DE GALICIA


 AGRADECEMENTOS


DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LiNGUA GALEGA QUEREMOS MOSTRAR O NOSO AGRADECEMENTO A TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE PARTICIPARON NESTE PROXECTO E EN ESPECIAL ÁS SÚAS FAMILIAS.
ESPERAMOS QUE ESTE TRABALLO SIRVA PARA POR EN VALOR O NOSO PATRIMONIO, TANTO MATERIAL COMO INMATERIAL, E SEXA UNHA FORMA DE VALORALO E PROTEXELO.
MOITAS GRAZAS!          UNHA AGARIMOSA APERTA!
C.E.I.P. LOPE DE VEGA
MAIO DE 2012


SOMOS DE GALICIA EXPOSICIÓN EN PAPEL

Presentamos a nosa exposición en papel dos lugares de Galicia que se atopa no corredor da planta baixa do centro.
INVITAMOS a todos os pais e nais a que a visiten no seguinte horario:
MARTES de 16:00 a 18:30 horas








domingo, 27 de mayo de 2012

SOMOS DE GALICIA EXPOSICIÓN DIXITAL

Como resultado da actividade SOMOS DE GALICIA, plantexada dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, imos mostrar neste blogue unha pequena escolma de traballos feita polo alumnado do centro en colaboración coas familias sobre diferentes lugares da nosa terra.
Debido ao éxito desta actividade e ao gran número de actividades realizadas presentamos as mesmas en dúas exposicións: unha en soporte papel e outra en soporte dixital.
exposición dixital deste blogue é un complemento á exposición en papel que se atopa na planta baixa do centro, na zona de Educación Primaria.
A exposición en papel poderá ser visitada polas familias os martes de tarde en horario de 16 a 18:30 horas.
Moitas grazas a tod@s!

Para ver os enlaces premer na foto e abride nunha pestana nova

MONDARIZ BALNEARIO

Uxía Fernández de Ed. Primaria





LOUREDO-CORTEGADA

Ismael Aguirre Alvarez de 5ºA Ed. Primaria





COSTA DA MORTE

Belén Aguilar, Nuria Aguilar, Emily Gonçalves e India Méndez

 de 6ºC  Ed. Primaria




FINISTERRE

Patricia da Concepción Sarrate de 5ºA  Ed. Primaria









A GUARDA

Cristina Heleno de 5ºB Ed. Primaria




 

AS NEVES

Marta Fernández Fernández de 1ºC Ed. Primaria





O CAUREL

Rafael Reboredo Barreiro de 2ºC Ed. Primaria





ALDÁN

Alexander Rodríguez Reguera de 2ºC Ed. Primaria





BAIONA

Santiago e Cristina Corbacho Buján de 3ºA e 5ºA Ed. Primaria





A GUARDA

Laura González Alonso de 6ºA Ed. Primaria




OS MEUS POBOS

Uxía Prieto Domínguez de 1ºC Ed. Primaria





ARBO

Laura Abalde Estévez 5ºA de Ed. Primaria


 



 







 






 




 

 






 





 






 

MELLORES PARTICIPANTES! COMO SE DI?


Reparto de agasallos aos mellores participantes deste xogo.
Noraboa a tod@s¡



jueves, 10 de mayo de 2012

TELEXORNAL SOBRE PAZ ANDRADE

Amosámovos un noticiario realizado polo C.P.I. de ROIS que nos amosa a vida de VALENTÍN PAZ ANDRADE:


VALENTÍN PAZ ANDRADE


Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a
VALENTÍN PAZ ANDRADE,
 xornalista, empresario, poeta, xurista, conferenciante, político....

A súa ampla produción sorpréndenos pola súa calidade, variedade e intereses.


BIOGRAFÍA

 





Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Está enterrado no seu Lérez natal. Escolarizouse en Pontevedra e posteriormente estudiou a carreira de Dereito en Santiago. foi sempre membro activo da vida universitaria. Nos seus tempos de estudiante inicia a súa aproximación ó galeguismo, guiado nos seus postulados teóricos polo feito que supuxo a creación das Irmandades da fala.

Aínda moi xove, Paz Andrade, evidencia un especial talento periodístico. Colabora en diferentes revistas como Grial, Outeiro ou O Ensino. Nos seus artigos aborda temas de lingua e literatura, dedicándolle unha especial atención á figura de Castelao, ó que coñece nesa época.

Foi mobilizado polo Desastre de Annual e enviado a África. Posteriormente, debido a unha infección, é evacuado á península e declarado inútil para o exército.


A partir de 1921 exerce de avogado en Vigo. Entre 1922 e 1926 dirixe nesta cidade o xornal Galicia, unha alternativa liberal e democrática que aglutinaba destacadas personalidades da vida e a cultura galegas, entre elas a Castelao, quen aportaba os seus debuxos e as súas caricaturas. En 1924 pasa dous meses na cadea de Vigo, por dous artigos que publicara. En 1957 volve outro mes á cadea. O xornal Galicia, co que xurdiu a gran escola de caricaturistas galegos, foi pechado pola dictadura de Primo de Rivera.


Milita no Partido Galeguista, na formación do cal participa. En 1931 preséntase con Castelao e Cabanillas ás cortes constituíntes, non saíndo elexido por unha diferencia de poucos votos. En 1934 é nomeado Secretario do Partido Galeguista, en substitución de Castelao, que fora desterrado a Badaxoz. En 1936 colabora na campaña polo Estatuto de Galicia. Nesta época asesoraba como avogado ás asociacións de armadores pesqueiros. Sofre dous atentados, o primeiro en Vigo, o segundo en Verín, onde fora desterrado logo do alzamento franquista. Trasládano despois á Serra de Queixa e Pobra de Trives, onde coñece a Pilar, coa que casa en 1939. Anos máis tarde regresa a Vigo, sen que ninguén lle comunicase o fin do seu desterro.

En 1940 nace o seu fillo Alfonso. Mantén contactos cos republicanos e despois da morte de Castelao en 1950 relaciónase cos emigrantes e exiliados galegos en Arxentina e intensifica a súa relación co mundo da pesca e a súa colaboración coa FAO. En 1976 e 1977, despois da morte do Dictador, representa a Galicia na "Comisión dos dez", que negociou a transición co goberno español presidido por Adolfo Suárez, e nas eleccións democráticas que teñen lugar ese último ano foi elexido senador por Pontevedra dentro das listas da Candidatura Democrática Galega. En 1978 pronuncia o discurso de ingreso na Real Academia Galega, da que é membro desde 1964.


Valentín Paz Andrade, xa desde moi cedo, demostrou unha viva preocupación polos temas pesqueiros e pola máis xeral problemática socioeconómica de Galicia. Impulsor de Pescanova, empresa da que foi vicepresidente, e técnico da FAO, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización das Nacións Unidas para misións internacionais en Hispanoamérica. Tamén, dentro deste eido, dirixiu a revista de economía e tecnoloxía Industrias pesqueras e é o autor do primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera, editado pola FAO. Destaca tamén a súa faceta de conferenciante e participante en numerosos congresos internacionais da ONU sobre agricultura e alimentación.


Poeta da Xeración de 1925, iníciase na literatura en 1921 coa publicación da novela Soldado da morte. En 1955 aborda o eido da poesía con Pranto matricial, no que evoca a morte de Castelao. Continuará esa liña en Sementeira do vento (1968), libro no que canta á paisaxe, ás xentes, ó exilio e ós poetas galegos. Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986) son as dúas últimas obras poéticas. Ademais das múltiples contribucións a libros e publicacións periódicas, é autor tamén dos ensaios Galicia como tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán (1976), La marginación de Galicia (1970), A galeguidade na obra de Guimarães Rosa (1978) e Castelao na luz e na sombra (1982), unha das máis completas biografías do autor de Rianxo.

Como promotor que é dos estudios económicos en Galicia, publicou numerosas obras sobre o mundo da pesca e a actividade económica en Galicia.

Valentín Paz Andrade, desde hai pouco tempo, dálle nome ao Instituto de Formación Profesional na carretera vella de Madrid. no Meixueiro, en Vigo. Un pequeno pero merecido tributo a un galego para o que, en palabras de Xosé Filgueira Valverde, "Galicia, foi sempre, na vida e nos froitos, norte das rutas, meta dos pensamentos, ánimo de vizosos traballos."





DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012


Día das Letras Galegas


Cantares gallegos


Non está confirmada a data exacta da publicación de Cantares Gallegos, pero tómase como tal a data expresada por Rosalía na dedicatoria do poemario a Fernán Caballero , asinada o 17 de maio  de 1863.

A principios dos anos sesenta, Francisco Fernández del Riego  propuxo a institución dunha celebración anual que potenciase a língua galega, ó modo do Día del Libro que se celebraba en España co gallo do aniversario da morte de Cervantes , o 23 de abril . Inmediatamente pensou situala na data da publicación de Cantares Gallegos, polo seu significado no rexurdimento da literatura galega. Trala súa proposta, a Real Academia Galega  aprobou en 1963  convoca-lo Día das Letras Galegas  o 17 de maio de cada ano, celebrándose ese mesmo ano en honra de Rosalía.

FÁLAME EN GALEGO¡

Actividade levada a cabo ao longo do curso para o alumnado de Ed. Infantil e Primaria.
 Elaboráronse carteis que se colocaron nos corredores e nas aulas coa finalidade do fomento do uso da nosa língua nos saúdos, despedidas, fórmulas de cortesía, peticións,...
Algunhas imaxes desta actividade:




RESULTADOS 3º XOGO Como se di?

Xa temos os resultados finais de participación nestes xogos.
Noraboa a tod@s polo voso interese e participación¡
                                  
CURSOALUMN@1º Xogo2º Xogo3º XogoACERTOS
2ºCAntía Rodríguez119 20
 Carla119 20
 Victoria119 20
 Alexander Rodríguez1 2526
 Uxía 19 19
3ºAJimena Gandulfo  1212
 Carla Alvarez  1313
 Laura del Carmen  1212
 Santiago Corbacho  2121
3ºBAinhoa1  1
 Adrián1  1
 Juan1  1
 Araceli 22 22
 Hiraya 22 22
3ºCAlejandra Iglesias7  7
 Sofía Iglesias9  9
 Lidya5  5
 Javier Domíguez4  4
4ºARut Fernández  1717
 Celia Cerqueira  1111
 Leonor Ribeiro  1515
4ºBNoemí1  1
 Laura1  1
 Eva1  1
 Anxo Maceira2 1214
 Ainhoa Larralde1 56
 Alejandra Reinaldo3  3
 Andrea  1616
 Nerea  1414
 Pablo Mella  1111
4ºCLucía9  9
 Sergio Fernández2  2
 Candela Carrasco1  1
 Analía Rodríguez1  1
 Sara Trigo1 1920
 Yahia  1212
5ºAAntía Calvo15181548
 Ismael Aguirre10 2333
 Cristina Corbacho40222183
 Lidia Vázquez2231742
 Amanda Franco 23 23
 Camila Córdoba 22 22
 Víctor 5 5
 Patricia da Concepción 20 20
 Lucía Castro  2222
 Marcos  1919
5ºBAlberto Fiel2222246
 Martina Ferreiro 10 10
 Sara Fernández 8 8
 Cristina Heleno 211839
 Raquel Ferreira 211839
 Brais Rodríguez  2020
 Óscar Garrido  2323
5ºCLucía Merayo1252147
 Ekaterina Porto1  1
 Isabel Ledo1242247
  Sabela Vázquez3252250
 Iria Papín1252147
 Pedro Grilo1 1617
 Xoel Abalde3242047
 Carlos Álvarez321 24
 Carmen Bello1242146
 Aarón 262248
 Jing Xi Ye 25 25
 Michele Eloiza 252247
 Anxelo Álvarez 201535
 Alán 242145
 Cheik 23 23
 Andrei Bendas 242246
 Marta Vázquez 252247
 Alba 262046
 Olivia Oña 25 25
 Andrés Conde 252146
 Jan Paul  2121
6ºACarmen González 18 18
 Paula Balea 25 25
 Laura González 21 21
 Carmen Cabaleiro 25 25
 Juan González  2222
 Mari Luz  2020
 Noelia Olmo  2020
 Rita Calvar  1717
6ºBLucía Palma2  2
 Antía Carou217 19
 Noemí Pazos 24 24
 Laura López 20 20
 Lucía López 20 20
 Noelia Rubio 24 24
 Tomás/Miguel 25 25
 Alba/Miguel/Sara 20 20
 Carlos/Gabriel 20 20