viernes, 3 de noviembre de 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Mes da Ciencia en Galego

Dende que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai oito anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

POLO TANTO, XA SABES,... SE ES A FUTURA INVENTORA OU INVENTOR DA MÁQUINA DO TEMPO, RECORDA FACER AS TÚAS PESCUDAS EN GALEGO
A CONTINUACIÓN, PODERÁS DESFRUTAR DUN LIBRO INTERACTIVO CUNHA MOREA DE ACTIVIDADES... COA TOUPICIENCIA!
PREME NA TOUPIÑA....




SE O TEU EIDO É EXPLORAR  E COÑECER O DESCOÑECIDO, EN VEZ DE TANTO EXPERIMENTO, PODEDES DESFRUTAR DAS CHARLAS DESTAS GRANDES DIVULGADORAS CIENTÍFICAS QUE NOS AMOSAN O GRAN UNIVERSO ONDE VIVIMOS...











E DE NON TE QUERES PERDER NINGÚN ACONTECEMENTO PORQUE O TEU É O MUNDO DA CIENCIA, AÍNDA PODES DESCARGAR O CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR EN GALEGO



PARA ESTAR AO DÍA DE TODOS OS  EVENTOS, PODES CONSULTAR A IGACIENCIA
PREME NOS DEBUXOS...



CASTAÑAS ASADAS ...QUE BOAS ESTÁN!

 E QUE MELLOR QUE ESTOS DÍAS CON TANTA CHOIVA, PARA ASAR UNHAS CASTANIÑAS!



QUE VIVA O MAGOSTO QUE TANTO NOS RECONFORTA EN NOVEMBRO!

proba o teu nivel de MESTRE castañeiro/a cos seguintes xogos...:

👉👉PREME NAS IMAXES...

👍ATOPA  AS PARELLAS



👀👀EMPARELLA  AS DEFINICIÓNS


🌰🌰🌰 SOPA DE MAGOSTO


QUERES OIR UN CONTO? 👇👅👂




E UNS REFRÁNS NUNCA VEÑEN MAL, CÁNTOS COÑECES?

 



OU BOTAMOS UNHAS BAILAS...




















jueves, 2 de noviembre de 2023

E ti? Es dos que lle tes reparo ao Galego?

 O alumnado de 6º, da man da incrible profe Iria, decatouse do seguinte:


"Despois de observar moitos prexuízos lingüísticos na aula, programamos algo para sensibilizar ao alumnado: unha liña do tempo para que cubrisen en equipos, seguindo o vídeo “Galicia no mundo - a lingua galega” da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Despois, xuntos, fomos engadindo algún dato máis que consideraba relevante. Despois de reflexionar sobre a información , decidimos crear a nosa liña nun mural para dar a coñecer a historia da nosa lingua a todo o centro."

Aquí vos amosamos unha pequena mostra de todo o que investigaron e crearon!








POIS XA SABEDES, UNHA LINGUA TAN RICA E SENLLEIRA COMA A NOSA, MERECE QUE ESTEMOS BEN ORGULLOSOS DELA..
E COMO BEN DIXEMOS O CURSO PASADO....NESTE COLE ESTÁ PERMITIDO...
SACAR A LINGUA FÓRA!!!!!