lunes, 11 de marzo de 2024

LUíSA VILLALTA- LETRAS GALEGAS 2024

A poeta Luísa Villalta será este ano a homenaxeada das Letras Galegas 2024





Se queres saber máis sobre ela, preme nas imaxes...levarante a coñecer o seu mundo e a súa historia, chea de música e creatividade...









Veña, xogar de cando en vez tamén pode ser moi interesante! anímate con estos xogos en liña sobre Luísa, preme na imaxe de abaixo e a ver quen gaña!



Escolma Luísa Villalta>E aquí debaixo poderás coñecer un percorrido polas Letras con nome de Muller








lunes, 26 de febrero de 2024

SABÍAS QUE NESTE COLE... PERMITIMOS SACAR A LINGUA? 21 FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 TAL COMO OES!

QUE CHE PARECE?

PREME NA CANCIÓN E ANÍMATE A SACAR 

A LINGUA FÓRA!





Con tanta troula decirvos que o  21 de febreiro, adicámosllo á celebración do Día da Lingua Materna.
A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Promulga deste xeito, a través da celebración do 21 de febreiro, a necesidade dun día de conmemoración das linguas para protexer e amparar a pluralidade cultural e lingüística de cada comunidade, preservando a diferenza e fomentando a tolerancia e o respecto aos demais.
Dende o Lope sumámonos a esta intención co orgullo que nos proporciona dicir que a nosa lingua nai é o galego e que nos esforzamos por crear un espazo de resistencia e liberdade no que darlle acollida e facela medrar. (Ed. Galaxia)



















martes, 20 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA 23 FEBREIRO

 COMICHES ALGUNHA VEZ UNHA POESÍA? NON? POIS ESTE ANO NO LOPE....



ESTE ANO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA COA DEGUSTACIÓN NO COMEDOR  DO CALDO DE GLORIA.

E SE QUERES SABER DE ONDE VÉN... PREME AQUÍ PARA INVESTIGAR...

E DEIXÁMOSCHE UN PEQUENO TITORIAL POR SE VOS ANIMADES A FACELO NA CASA






E UNS CONTIÑOS SOBRE ELA






EXISTE UNHA NOVA ESTRELA NO FIRMAMENTO... A ESTRELA ROSALÍA!



Veña, imos cara o nivel experto, se te animas a visitar o seguinte enlace, gañarás o título de "PRO" de Rosalía!



ou preme na imaxe...


E NA NOSA BIBLIO LOPIÑO RECOMENDA....
PREME NA IMAXE E VERÁS QUE BOAS IDEAS CHE DA PARA COMMEMORAR ESTE DÍA COMO SE MERECE!
















sábado, 10 de febrero de 2024

ENTROIDO II ! e moito máis...

E que non hai dous sen tres! Aquí no Lope non deixamos nin que a choiva nos quite as ganas de troula!

Para que vexades que ben o pasamos, deixámosvos un pequeno anaquiño da nosa merdeirada cativa...A rapazada de 3º dende Plurilingüismo e logo do obradoiro da Asociación Etnográfica A Merdeira de Vigo, fixeron esta maravilla para axudar a recuperar esta figura tan emblemática do entroido vigués. 








Nuns días haberá algunha sorpresiña máis do noso entroido, que non só hai merdeiros, tamén... ups! case se me escapa! Teredes que esperar un pouquiño máis...

E se queredes saber máis dos Merdeiros e a súa historia, podes atopar info premendo por aquí abaixo...




POR FIN PUIDEMOS TER O NOSO MERECIDO DESFILE DE ENTROIDO! UNHA PEQUENA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS EN INFANTIL...






viernes, 12 de enero de 2024

ENTROIDO....!

 Aquí vos deixamos os mandadiños do noso Meco Merdeiro, tan típico de Vigo!





Como ben saberedes xa, Galicia ten unha riqueza cultural impresionante e en canto a festas... digamos que somos uns grandes expertos!

O Entroido en moitas localidades, é tan importante que lles leva preparalo todo o ano! Si, les ben! todo o ano!

Se queredes saber máis, aquí vos deixamos uns vídeos moi interesantes para que collades ideas, cóntadenos logo... de que vos ides disfrazar vós?



E tamén temos moitas curiosidades por descubrir nestes enlaces que vos deixamos... 

Premede nas fotos e... que viva o Entroido Galego!







pssss! 
preme nas máscaras e move o esqueleto...