miércoles, 13 de mayo de 2026

LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO

 CHEGA A PRIMAVERA E CON ELA MOITAS CELEBRACIÓNS, entre elas... AS LETRAS GALEGAS!

Este ano adicadas a..BEGOÑA CAAMAÑO

No barrio vigués do Calvario nace no ano 1964 Begoña Caamaño Rascado, unha nena curiosa, rebelde e vivaz que medra nun ambiente de xogos e lecturas, de lama e asfalto, de campos e hortas nos que desenvolve as primeiras experiencias de vida que a van marcar na maneira de ver o mundo e de entendelo.

Preme nas imaxes para descubrir máis sobre ela...










AQUÍ ATOPARÁS MOREAS DE ACTIVIDADES, VÍDEOS, XOGOS, CANCIÓNS!!!
E COMO NO LOPE SOMOS MOI MODERN@S, PREGUNTAMOS...QUE VOS PARECE ESTA CANCIÓN CREADA CON IA? PREME NA IMAXE PARA ESCOITALA...

 




E se te animas cun bo xogo, aquí vos deixamos estes...





martes, 5 de mayo de 2026

AÍ VÉN O MAIO...


Chega o mes de maio e con el unha das tradicións máis bonitas e recendentes de Galicia. Se pensabas que o 1 de maio era só para descansar, estás moi equivocad@! Nas nosas vilas sacamos o espírito máis "enxebre" para darlle a benvida á primavera como se merece: con arte, música e moita retranca.
🤔 QUE SON EXACTAMENTE OS MAIOS?
Non son árbores, pero paréceno. Os Maios son figuras feitas con elementos da natureza que representan o espertar da terra. Para facelos usamos:
  • Musgo e fieitos: Para darlle ese corpo verde tan característico.
  • Xestas e flores: Para dar cor e un arrecendo único.
  • Froitos: Como laranxas, ovos ou incluso castañas para os detalles.
 A MAXIA DAS COPLAS
O mellor dos Maios non é só o bonitos que quedan, senón o que din! Ao ritmo dos paus e dos tambores, cántanse as coplas. Son versos cargados de humor e crítica social onde se repasa o que pasou no pobo durante o ano. É o momento de dicir as verdades cantando!








🛠️ E POR SE VOS ANIMADES A FACER UN... GUÍA RÁPIDA PARA FACER UN MAIO
  1. A ESTRUTURA: Podes facela de madeira ou arame. Lembra que debe ser estable!
  2. O VESTIDO: Vai "cosendo" o musgo con fío ou grampas pouco a pouco. É un traballo de paciencia!
  3. A COR: Decora coas flores máis rechamantes que atopes no campo.
  4. A RETRANCA: Prepara a túa canción. Canto máis graciosa, máis aplausos levarás.

    Velaquí a rapazada de 6º procurando o seu...




💡 SABÍAS QUE...?
Antigamente existía o "Maio vivo": un neno ou nena cubríase totalmente de herba e flores e ía polas casas pedindo un pequeno aguinaldo a cambio de cancións.
Este ano non te quedes na casa e axúdanos a manter viva esta tradición tan nosa!
PODES PARTICIPAR EN VARIOS CONCURSOS QUE HAI POLA CIDADE... 


martes, 24 de marzo de 2026

GAÑAMOS ENREGUÉIFATE!

NOTICIÓN!!!


PARABÉNS Á RAPAZADA DE 6º DO COLE, XA QUE VEÑEN DE GAÑAR O ENREGUÉIFATE NA MODALIDADE: A REGUEIFA MÁIS DIVERSA!






AI!! QUE B@S ARTISTAS TEMOS NO COLE! SE OS VEDES POLOS CORREDORES, APROVEITADE PARA PEDIRLLES UN AUTÓGRAFO! E TAMÉN Á PROFE MERI QUE FOI A SÚA MENTORA!

AQUÍ VOS DEIXAMOS O ENLACE PARA QUE DESFRUTEDES DA SÚA ACTUACIÓN...













jueves, 19 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA 23 FEBREIRO




COMICHES ALGUNHA VEZ UNHA POESÍA? NON? POIS OUTRO ANO MÁIS NO LOPE....



ESTE ANO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA COA DEGUSTACIÓN NO COMEDOR  DO CALDO DE GLORIA.

E SE QUERES SABER DE ONDE VÉN... PREME AQUÍ PARA INVESTIGAR...

E DEIXÁMOSCHE UN PEQUENO TITORIAL POR SE VOS ANIMADES A FACELO NA CASA






E UNS CONTIÑOS SOBRE ELA






EXISTE UNHA NOVA ESTRELA NO FIRMAMENTO... A ESTRELA ROSALÍA!



Veña, imos cara o nivel experto, se te animas a visitar o seguinte enlace, gañarás o título de "PRO" de Rosalía!



ou preme na imaxe...



 E SE O QUE QUERES É SER MÁSTER TOTAL...
PREME AQUÍ! E NON TE PERDAS NADA



E NA NOSA BIBLIO LOPIÑO RECOMENDA....
PREME NA IMAXE E VERÁS QUE BOAS IDEAS CHE DA PARA COMMEMORAR ESTE DÍA COMO SE MERECE!
















viernes, 6 de febrero de 2026

ENTROIDO É..MOITA TROULA!

AMIGUÑ@S, QUE GANIÑAS HABÍA DE QUE CHEGARAN ESTAS DATAS...FILLOAS, ORELLAS, COCIDO...NON SI?

A TROULA VÉN DA MAN DO MECO!

ESTE CURSO  ANDA MOI ANIMADO, RÉTANOS CUNS MANDADIÑOS UN TANTO DIFERENTES...ANÍMASTE A SEGUILO?

PREME NA IMAXE E PODERÁS VELOS...


E SE QUERES SABER MÁIS DESTA FESTA TAN POPULAR...





















                                        


jueves, 8 de enero de 2026

Feliz Ano Novo!


 Con este frío que nos trae o inverno, estamos desexando comidas quentiñas e típicas como o Caldo de Repolo.
Anímate a cantalo con nós e xa de paso tomar unha cunquiña....



PATACAS, CHOURIZOS, UNTO, REPOLO.... NA VOSA CASA ENGADÍDESLLE ALGO MÁIS? 
CONTÁDENOS!