Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de diciembre de 2025

TEMPO DE NADAL

AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS

PRENDIDAS AS LUCES NAS VILAS, 

CAERON AS FOLLAS DAS ÁRBORES, 

XA PAPAMOS AS CASTAÑAS,

AO PORQUIÑO XA LLE CHEGOU O SAN MARTIÑO,

XA ABREN OS FURANCHOS, 

XA AFUMEAN AS CHIMENEAS....

ISO QUERE DICIR ALGO, NON SI?

POIS QUE É TEMPO DE PREPARARMOS O NADAL!


ESTE ANO APARECEU UN PEQUENIÑO POLO COLE... SABEDES QUEN É? COIDADO COAS SÚAS TRASNADAS, NON CHE VAIA COMER OS APUNTES OU REMEXER A CABELEIRA!


PREME NA IMAXE E RESOLVE O TRIVIAL...







AQUÍ VOS DEIXAMOS UN CALENDARIO DE ADVENTO CON PANXOLIÑAS QUE VOS ANIMARÁN ESTAS FESTAS TAN SABOROSAS...


E NON PODEMOS ESQUECER O NOSO AMIGO XABARÍN, IDE PREPARANDO AS GORXAS E ENSIANDO O REMATE FINAL DO FESTIVAL...




Nesta terra tan fermosa, temos moitas tradicións e como non podía ser doutro xeito, sobra con quen  celebralas... Temos personaxes variopintos coma o Apalpador, os Reis Magos, o Papá Noel...Coñeces alguén

máis?






Podes ir preparando as túas cantigas de Nadal...e lembra! Nadal é tempo de compartir, así que se sabedes dalgún personaxe máis que queirades rescatar, poñédevos en contacto con nós e facédenolo chegar!






E por aquí deixámosvos información dalgunhas tradicións máis e curiosidades destas datas...

Preme na imaxe para descubrir cántas cousas che agardan...  👇👇👇

Se queres tamén poderás escribirlle a túa carta... preme na barba


E VAICHE BOA VILABOA! 
COA QUE ESTÁ A CAER,
 MANTIÑA E SOFÁ OU...CREA OS TEUS PROPIOS ADORNOS DE NADAL! MIRA ESTE TITORIAL A VER SE ES QUEN DE FACELO!





POR SE QUEDADES CON GANAS DE MÁIS... DEIXÁMOSVOS UN CALENDARIO DE ADVENTO DE FÁBULAS, PARA QUE DESFRUTES CADA DÍA DO GALEGO!


viernes, 1 de diciembre de 2023

É TEMPO DE NADAL

Este curso estamos a traballar no cole o Proxecto "Miña Terra Galega" en colaboración coa Biblio do noso cole... e sabiades que en Galicia temos o noso propio "Papá Noel"? Neste caso nós chamámoslle Apalpador....por se che apetece coñecelo mellor...



O Apalpador


Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador. Vivía nas altas montañas das serras orientais de Galicia e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguita ás meniñas e aos meniños por ver se comerán ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.


Caracterízase por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.


Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación da memoria do noso país, das nosas tradicións. Tamén está moi relacionado co tema do consumo solidario e responsable.



e xa postos en tradicións... este ano seguimos co que xa se vai a converter na tradición do Lope, cantar todo o cole xuntos a PANXOLIÑA DE NADAL!
PREME NA IMAXE E AFINA A TÚA VOZ! NECESITÁMOSVOS MOI CANTAREIR@S PARA O FESTIVAL DE NADAL!

miércoles, 5 de diciembre de 2012

NADAL: O Apalpador


O Apalpador

Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador. Vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguita ás meniñas e aos meniños por ver se comerán ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.


Caracterízase por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.


Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación da memoria do noso país, das nosas tradicións. Tamén está moi relacionado co tema do consumo solidario e responsable.