AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS
CAERON AS FOLLAS DAS ÁRBORES,
XA PAPAMOS AS CASTAÑAS,
AO PORQUIÑO XA LLE CHEGOU O SAN MARTIÑO,
XA AFUMEAN AS CHIMENEAS....
ISO QUERE DICIR ALGO, NON SI?
POIS QUE É TEMPO DE PREPARARMOS O NADAL!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN CALENDARIO DE ADVENTO CON PANXOLIÑAS QUE VOS ANIMARÁN ESTAS FESTAS TAN SABOROSAS...
E NON PODEMOS ESQUECER O NOSO AMIGO XABARÍN, IDE PREPARANDO AS GORXAS E ENSIANDO O REMATE FINAL DO FESTIVAL...
Nesta terra tan fermosa, temos moitas tradicións e como non podía ser doutro xeito, sobra con quen celebralas... Temos personaxes variopintos coma o Apalpador, os Reis Magos, o Papá Noel...Coñeces alguén
máis?
Podes ir preparando as túas cantigas de Nadal...e lembra! Nadal é tempo de compartir, así que se sabedes dalgún personaxe máis que queirades rescatar, poñédevos en contacto con nós e facédenolo chegar!
Preme na imaxe para descubrir cántas cousas che agardan... 👇👇👇
e se queres tamén poderás escribirlle a túa carta... preme na barba
E VAICHE BOA VILABOA! COA QUE ESTÁ A CAER,
MANTIÑA E SOFÁ OU...CREA OS TEUS PROPIOS ADORNOS DE NADAL! MIRA ESTE TITORIAL A VER SE ES QUEN DE FACELO!
E POR SE QUEDADES CON GANAS DE MÁIS... DEIXÁMOSVOS UN CALENDARIO DE ADVENTO DE FÁBULAS, PARA QUE DESFRUTES CADA DÍA DO GALEGO!



No hay comentarios:
Publicar un comentario