martes, 18 de febrero de 2020

jueves, 6 de febrero de 2020

súmate ao galego!

Bos días!

Queremos convidarlles a participar do programa de visitas guiadas e gratuítas “Coñece Vigo”, impulsado pola Xunta de Galicia.

Dirixido principalmente a asociacións, centros escolares e colectivos da cidade, a iniciativa nace coa vocación de darlle aos vigueses a oportunidade de saberen máis sobre a historia, lendas, devanceiros e segredos desta cidade. 
 Coñece Vigo está formado por un total de nove itinerarios diferentes, conducidos por guías oficiais e, mesmo, nalgún caso, por personaxes históricos. Podes consultar toda a información e o calendario sobre o programa nos documentos que achegamos e preinscribirte directamente na páxina web: www.turismo.gal 

Súmate á esta iniciativa e Coñece Vigo con nós. Agardámoste!