miércoles, 5 de diciembre de 2012

NADAL: O Apalpador


O Apalpador

Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador. Vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguita ás meniñas e aos meniños por ver se comerán ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.


Caracterízase por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.


Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación da memoria do noso país, das nosas tradicións. Tamén está moi relacionado co tema do consumo solidario e responsable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario