sábado, 10 de febrero de 2024

ENTROIDO II ! e moito máis...

E que non hai dous sen tres! Aquí no Lope non deixamos nin que a choiva nos quite as ganas de troula!

Para que vexades que ben o pasamos, deixámosvos un pequeno anaquiño da nosa merdeirada cativa...A rapazada de 3º dende Plurilingüismo e logo do obradoiro da Asociación Etnográfica A Merdeira de Vigo, fixeron esta maravilla para axudar a recuperar esta figura tan emblemática do entroido vigués. 








Nuns días haberá algunha sorpresiña máis do noso entroido, que non só hai merdeiros, tamén... ups! case se me escapa! Teredes que esperar un pouquiño máis...

E se queredes saber máis dos Merdeiros e a súa historia, podes atopar info premendo por aquí abaixo...




POR FIN PUIDEMOS TER O NOSO MERECIDO DESFILE DE ENTROIDO! UNHA PEQUENA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS EN INFANTIL...






No hay comentarios:

Publicar un comentario