TAL COMO OES!
QUE CHE PARECE?
PREME NA CANCIÓN E ANÍMATE A SACAR
A LINGUA FÓRA!
Con tanta troula decirvos que o 21 de febreiro, adicámosllo á celebración do Día da Lingua Materna.
A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Promulga deste xeito, a través da celebración do 21 de febreiro, a necesidade dun día de conmemoración das linguas para protexer e amparar a pluralidade cultural e lingüística de cada comunidade, preservando a diferenza e fomentando a tolerancia e o respecto aos demais.
Dende o Lope sumámonos a esta intención co orgullo que nos proporciona dicir que a nosa lingua nai é o galego e que nos esforzamos por crear un espazo de resistencia e liberdade no que darlle acollida e facela medrar. (Ed. Galaxia)
No hay comentarios:
Publicar un comentario