LOPEDEBLOGUE
jueves, 8 de enero de 2026
Feliz Ano Novo!
Con este frío que nos trae o inverno, estamos desexando comidas quentiñas e típicas como o Caldo de Repolo.
PATACAS, CHOURIZOS, UNTO, REPOLO.... NA VOSA CASA ENGADÍDESLLE ALGO MÁIS?
martes, 2 de diciembre de 2025
TEMPO DE NADAL
AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS
CAERON AS FOLLAS DAS ÁRBORES,
XA PAPAMOS AS CASTAÑAS,
AO PORQUIÑO XA LLE CHEGOU O SAN MARTIÑO,
XA AFUMEAN AS CHIMENEAS....
ISO QUERE DICIR ALGO, NON SI?
POIS QUE É TEMPO DE PREPARARMOS O NADAL!
ESTE ANO APARECEU UN PEQUENIÑO POLO COLE... SABEDES QUEN É? COIDADO COAS SÚAS TRASNADAS, NON CHE VAIA COMER OS APUNTES OU REMEXER A CABELEIRA!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN CALENDARIO DE ADVENTO CON PANXOLIÑAS QUE VOS ANIMARÁN ESTAS FESTAS TAN SABOROSAS...
E NON PODEMOS ESQUECER O NOSO AMIGO XABARÍN, IDE PREPARANDO AS GORXAS E ENSIANDO O REMATE FINAL DO FESTIVAL...
Nesta terra tan fermosa, temos moitas tradicións e como non podía ser doutro xeito, sobra con quen celebralas... Temos personaxes variopintos coma o Apalpador, os Reis Magos, o Papá Noel...Coñeces alguén
máis?
Podes ir preparando as túas cantigas de Nadal...e lembra! Nadal é tempo de compartir, así que se sabedes dalgún personaxe máis que queirades rescatar, poñédevos en contacto con nós e facédenolo chegar!
Se queres tamén poderás escribirlle a túa carta... preme na barba
martes, 11 de noviembre de 2025
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Mes da Ciencia en Galego
SE O TEU EIDO É EXPLORAR E COÑECER O DESCOÑECIDO, EN VEZ DE TANTO EXPERIMENTO, PODEDES DESFRUTAR DAS CHARLAS DESTAS GRANDES DIVULGADORAS CIENTÍFICAS QUE NOS AMOSAN O GRAN UNIVERSO ONDE VIVIMOS...
E DE NON TE QUERES PERDER NINGÚN ACONTECEMENTO PORQUE O TEU É O MUNDO DA CIENCIA, AÍNDA PODES DESCARGAR O CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR EN GALEGO
PARA ESTAR AO DÍA DE TODOS OS EVENTOS, PODES CONSULTAR A IGACIENCIAmartes, 7 de octubre de 2025
martes, 23 de septiembre de 2025
Comezamos de novo!...
Moito nos gustan os misterios no Lope...
Este curso entraremos ata a cociña, enfariñarémosnos, remexeremos, degustaremos,...
Unha pista benqueridos lectores...
martes, 3 de junio de 2025
LUSCO FUSCO 17
E RECÉN SAIDIÑA DO FORNO CAL BICA DE MANTEIGA QUENTIÑA ...
A NOSA REVISTA ESCOLAR!
PREME PARA PODER ABRAIARTE COAS MARAVILLAS QUE CREAMOS NESTE COLE!














.gif)





