No cole non só traballamos, tamén aprendemos xogando....Para iso inventamos o xogo "Como se di?", onde os nenos traballarán vocabulario con diferente temática durante o curso escolar.. Comezamos cos: ANIMAIS DOMÉSTICOS E DA GRANXA, elaborando paneis, un para cada ciclo de Ed. Primaria, onde colocamos palabras en castelán ou inglés ralacionados co tema a traballar. O alumnado tiña que por a súa equivalencia en galego nun papeliño que botaba nunha furna creada para tal fin...Aquí os deixamos unhas fotos do traballo realizado.