domingo, 27 de enero de 2013

ENTROIDO

 
 

Os Merdeiros de Vigo

 
O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de carácter
 
popular.
 
Vestirse no entroido de merdeiro era un costume típico entre
 
 os mariñeiros da ribeira viguesa.
 
Querían molestar á xente na época do entroido,

manchando ás persoas con restos de peixes apodrecidos.
  
O motivo desta personaxe foi a xenreira existente

entre mariñeiros e labregos.
 
 A vestimenta era á imitación dos escabicheiros, esaxerando

 os elementos do traxe e apeiros máis significativos: o pucho,
 
os símbolos e o farol.

O merdeiro é maleducado e un pouco violento. Corre, brinca

e berra co ánimo de asustar á xente, e ademais vai “armado”

 dunha vara coa que intenta golpear á xente coa que tropeza.
 
Na actualidade, o Merdeiro é a única figura do entroido
 
  urbano que queda en Galicia.

 

Aqui vai unha mostra deste personaxe vigués:

 

 

 

 

miércoles, 16 de enero de 2013

REGUEIFAS


A REGUEIFA NO ENTROIDO         

Este entroido imos cantar regueifas, pero primeiro temos que saber que son.

A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.
 Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla popular).
Pode verse certo parecido coa tenzón medieval, na que tamén había unha disputa entre dous trobadores sobre un tema determinado, mais a regueifa foi e é máis popular.
 
A orixe desta controversia cantada ten que ver coa regueifa, que era un molete de pan -ou unha rosca de ovo e azucre- que antigamente se regalaba nas vodas aos convidados e aos mozos e mozas da parroquia non convidados (ou de fóra dela).
 A parte divertida consistía en "cantar a regueifa": un cantador dos de fóra da parroquia botaba unha copla meténdose cos de dentro, e entón un cantador da parroquia respondíalle. Iniciábase así entre os dous unha disputa dialéctica de coplas improvisadas cada vez máis incisivas, ás veces escarnecedoras para os noivos ou para as súas familias, de xeito que o certame poético podía rematar nunha pelexa. Por esta razón, os da casa escollían unha madriña para bailar a regueifa e armaren unha foliada salvadora. O regueifeiro gañador, aquel que cantaba a última copla, era quen tiña a honra de partir e repartir a regueifa. 

Os temas da regueifas son variados, mais polo xeral, hai unha boa dose de humor ou retranca, o que fai que este tipo de cantares sexan moi divertidos para todos os públicos. A controversia entre os regueifeiros pode durar horas, e gáñaa o que canta a última copla.
A regueifa é un xénero musical e popular que se está perdendo, ao igual que a cultura tradicional galega (contos, cantigas, refráns, algúns bailes...), pois normalmente non hai relevo xeracional por diversas razóns (urbanización e abandono do agro, diminución do uso da lingua galega nas novas xeracións, novas tecnoloxías...). Por estas razóns, son poucos os regueifeiros activos que quedan, mais hai algúns recuperadores e divulgadores deste xénero como Pinto d´Herbón ou Luís Caruncho, os cales acostuman impartir obradoiros en escolas e colexios.
Este tipo de versos a varias voces poden escoitarse en Galiza,
 aínda que hai zonas máis ricas deste tipo de literatura popular,
 como pode ser o caso da Costa da Morte.
Así mesmo tamén se poden ouvir en Portugal denominados cantares ao desafío,
no e Brasil e Colombia, chamados repentistas,
 en Arxentina e en Uruguay hai un desafío entre payadores, mais a temática destes últimos é seria e máis poética.

 
 
 
 
 
 
 

martes, 15 de enero de 2013

DIA DA PAZ 2013

POEMA PARA A PAZ
Cantarela dos nenos
Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.
Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.
Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistad.
Amiguiños todos,
amiguiños xa
os nenos de aquí
e os nenos de alá
 Poema de Xosé Neira Vilas
Canción interpretada polo grupo NA VIRADA
 no seu traballo "ROLADA DE CANTIGAS"