ESTAMOS RECOLLENDO CHISTES EN GALEGO
QUE NOS FAGAN SORRIR OU RIR CANDO OS LEMOS.
LOGO PODEMOS CONTALOS
PARA MELLORAR A NOSA EXPRESIÓN ORAL E PASALO BEN
OS PRIMEIROS CHISTES¡
1. "UN MOSQUITO NO...VIÑO"
O outro día estaba eu nun bar e escoitei a un señor:- Oia, camareiro! Tróuxome un mosquito "no viño"!
E o camareiro respondeulle:
- Perdoe señor, pero é que hoxe non lle temos mosquitos "velliños"!
2. "HAI CEN...TOLAS"
Dúas mozas pasan diante dun restaurante e len un letreiro que anuncia " AQUÍ HAI CENTOLAS". Nisto unha mira para a outra e dille:
- Non oh, contigo xa hai cento unha!
3. "NEURÉTICO E QUE TOME UN DIURÓTICO"
Chega un home á casa dunha visita médica e a súa dona dille: - Pódese saber que che dixo o médico
- Que ando un pouco neurético e que tome un diurótico.
- Que ando un pouco neurético e que tome un diurótico.
4. "O XAMÓN ENFERMO"
Unha nai dálle ao seu fillo un bocadillo de xamón e o rapaz di:- Non, mamá, iso non o como que o xamón está enfermo!
- Vaiche Boa, Vilaboa! Estache de marabilla. Pero, por que dis iso?
- Non, non! Que lle oín dicir antes á avoa que aínda non che estaba ben curado!
- Vaiche Boa, Vilaboa! Estache de marabilla. Pero, por que dis iso?
- Non, non! Que lle oín dicir antes á avoa que aínda non che estaba ben curado!
5. "UN HOME TAN LENTO... TAN LENTO... "
Era un home tan lento... tan lento... tan lento...,
que correu nunha carreira el só e quedou o segundo.
que correu nunha carreira el só e quedou o segundo.
6. "QUE LLE DI A CEBOLA Á COCIÑEIRA?"
- Que lle di unha cebola á cociñeira?
- Es tan hipócrita, que despois de cortarme, aínda por riba choras!!!
7. "POR QUE OS LOUCOS VAN DE GATIÑAS...?"
- Por que os loucos van de gatiñas polo centro comercial?
- Para buscar prezos baixos.
8. "UN VOLCÁN CHAMA Á SÚA NAI..."
Era unha vez un volcán que había pouco que nacera, estaba empezando a falar e chamaba á súa nai:
-Magmá, magmá!!!!
9. "UN QUE SE VESTÍA TAN MAL... TAN MAL..."
Era un home que se vestía tan mal, pero tan mal, que lle chamaban a caixa forte.
- Por que?
- Porque non había quen lle atopase a combinación.
10. "UN VAMPIRO CON POUCA VISTA"
Un vampiro atópase con outro, que leva a boca chea de sangue, e dille:
-¡OES!! ¿Onde conseguiches todo ese rico sangue fresco???
-Boh !! Ves aquel muro de cemento de alí?
-Si
-Pois eu, non o vin!!!!!!!!
11. "UN TAN, TAN, TAN, TAN... PERO TAN, TAN, TAN... QUE O CHAMABAN CAMPÁ"
"Unha vez era un tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, pero tan, tan, tan; que o chamaban campá."
12. "CAMAREIRO, QUE TEÑEN DE ENTRADA?"
"-Camareiro, que teñen de entrada?
-Pois unha porta de vidro, señora."
13. "MAMÁ, PICOUME UNHA SERPE"
-Mamá, mamá, picoume unha serpe.
-Cobra, fillo?
-Non mamá, gratis."
-Non mamá, gratis."
14. "POR QUE SE SUICIDOU O LIBRO DE MATE?
"Por que se suicidou o libro de matemáticas? Porque tiña moitos problemas.
A COLLEITA DE CHISTES DO COLE¡
15.- “CHINO POBRE”
- Cal é o chino máis pobre?
- Chinun Chentavo!
Xoel Díaz 2ºB
16.- “O ANIMAL”
- Unha rapaza estaba có seu noivo comendo nun restaurante....e atopou unha mosca no prato.
- Camareiro!! Saqueme este animal de aquí!!
- E sacou a patadas ao noivo!
Xoel Díaz 2ºB
17.- “O GALEGO”
- Que fai un galego, vestido de vampiro, conducindo un tractor?
- Sembrar o pánico!
Gabriel Torres 2ºB
18.- “AS PULGAS”
- Dúas pulgas saían do cine e dille unha á outra:
- Vamos andando ou collemos un can??
Luis Montero 2ºB
19.- “O ELEFANTE E A PULGA”
- Que diferencia hai entre unha pulga e un elefante?
- Que o elefante pode ter pulgas!.... e a pulga non pode ter elefantes!!
Ricardo Piñeiro 2ºB
- Que lle di un vampiro a outro?
- Imos tomar o sol!
- Non!!!! Os vampiros morren co sol!!!
Noa Otero 2ºB
21.- “A FAME”
- Linguaniña!...Linguaniña!....por que tes unha mazá na man?
- Pois...porque teño fame!!!
Naiara Taboada 2ºB
22.- “A BICI”
- Sabes?....O meu irmán anda desde os catro anos na bici...
- Pois xa debe estar moi lonxe....
David Peso 2ºB
- Doutor!....Doutor!.....non como, non bebo e non durmo!....Que teño?
- Pois ten fame, sede e sono!
Sara Crespo 2ºB
24.- “OS MALOS CHEIROS”
- Que lle di unha nádega a outra?
- Que mal cheira no corredor
Arón 2ºB
25.- “OS TRES CÉNTIMOS”
Unha nena dille ao seu pai:
- Pai, dasme tres céntimos?
O pai contesta:
- Para que queres tres céntimos?
- Para ese pobre que está pedindo......
- Xeados a tres céntimos!! Sabor morango, tona e lascas de chocolate!!
E o pai dille:
- Filla, ese señor vende xeados e..... non che vou comprar un!!!!
Ángel Río 2ºB
.- Mamá!.....Mamá!.....no colexio chámanme interesada...
.- Por que?
.- Se me das 10 euros dígocho!
Hugo 2ºB
Un peixe dille a outro:
.- Que fai o teu pai?
O outro contestalle:
.- Nada, e o teu?
- Nada tamén!
Miguel Puente 2ºB
.- Por que os o xornal no conxelador?
.- Para ter noticias frescas!!
Desireé Müller 2ºB
Un señor dille a outro:
.- Oes! Pásame o xabón!!
E o outro contestalle:
.- Non tes un?
.- Si, pero é para pelo seco e eu xa o mollei!!
Noa Viñas 2ºB
.- Doutor!....Doutor!....Teño papeiras!!
.- Pois teña 100 duros máis e xa lle da para plátanos!!!!!
Miguel Pájaro 2ºB
31.- “OS DEBERES”
.- Nai, na escola o mestre fixo unha pregunta e eu fun o único que contestei!
.- En serio? fillo! e que foi o que preguntou? O meu neno fermoso!!!
.- Preguntou: quen non fixo os deberes?
Mar Urdiales 2ºC
Era un cociñeiro tan feo, tan feo, tan feo,.......que facía chorar ás cebolas!!
Mar Urdiales 2ºC
Van dous amigos pola rúa e un dille ao outro:
.- Onte chamoume a miña sogra.....
.- E que te chamou?
.- De todo!!!!!
Eva Trigo 2ºC
O alcalde ten que dar un discurso:
.- O....O....O....O.....
.- Non, señor alcalde! Os aros olímpicos non se leen!!!
Irina Rivas 2ºC
.- Doutor! ...Doutor¡!...non como, non bebo, non durmo,...que teño??
.- Pois tes fame, sede e sono.....
Mar Urdiales 2ºC
36.- “LABRADOR CHINO”
.- Como se chama un labrador chino?
.- Si Sacho Sudo!!
Brais González 3ºA
37.- “A HERBA”
.- Que lle di un feixe de herba a outro?
.- Estamos apañados!!!!
Brais González 3ºA
38.- “A BURRA”
Vai un galego a Castilla e estaba un home cunha burra, e o galego pasou por detrás da burra mirando para ela.
Entón, díxolle o home:
.- Pase tranquilo que é segura!
E dixo o galego:
.- Que é segura?...a burra ou a patada que me vai dar?.....
Nerea Arce 3ºA
Que lle di un peixe a outro?
Peixe 1.- Sabes que temos dous segundos de memoria?
Peixe 2.- Que?
Peixe 1.- Que de que?
Ana Mª Fernández 3ºA
Dille o fillo ao pai:
.- Meu pai! Picoume un mosquito!!!!
.- Pois mátao!!!
.- Non!! Que agora leva o meu sangue!!!
Gael Calvo 3ºA
41.- "O XEADO"
.- Nai!..Nai!...Podesme dar dous euros para un pobre home que está berrando na rúa?
.- Pois claro!...Que corazón máis grande tes!!! E que berra ese home?
.- Xeados a dous euros!!
Brais González 3ºA
42.- "A REDACCIÓN"
.- Nai!...Nai!...a miña redacción conmoveu á mestra!
.- De veras?
.- Si!...,díxome que daba pena!
Andrea González 3ºA
43.- "CHISTE"
Isto é un can que se chama chiste, morreu o can e acabouse o chiste.......................3ºB
44.- "NENO FEO"
Un pai vai recoller ao seu fillo recén nacido ao hospital e pregunta:
.- Onde está o meu fillo?
.- Como se chama?
.- Genaro Genaro
.- Genaro....Genaro.....non, non está, suba á seguinte planta!
O pai sube e le nun cartel: "NENOS FEOS", pregunta e lle responden o mesmo.
Sube á terceira planta e le nun cartel: NENOS MOI FEOS". O pai pregunta o mesmo e respóndellen o mesmo.
Sube á última planta e nun cartel pon:
"GENARO O MÁIS FEO"
Pablo Fernández 4ºC
Dille un neno á nai:
.- Nai, os peidos pesan?
.- Non!
.- Entón.....cagueime!!!
Pablo Fernández 4ºC
46.- "MONSTRO VERDE"
.-Que fas se ves un mostro verde?
.- Esperar a que madure!!!
Pablo Fernández 4ºC
47.- "CUEIROS"
.- Por que os galegos lles cambian os cueiros aos nenos unha vez ao mes?
.- Porque na caixa pon ata 9 kilos!!!
Daniel Váquez 4ºC
48.- "OS ELEFANTES E AS CEBRAS"
.- Como entran 5 elefantes nun coche?
.- Abrindo a porta!!
.- Como entran 5 cebras no mesmo coche?
.- Sacando aos elefantes!!
Daniel Vázquez 4ºC
49.- "AS BATERÍAS"
.- Cal é o letreiro máis lido polo Nadal?
.- Non inclúe baterías!
Daniel Vázquez 4ºC
50.- "O LEITE"
.- Por que os galegos cada vez que mercan leite o abren no mesmo supermercado?
.- Porque no envase di: "ABRA AQUÍ"
Daniel Vázquez 4ºC
51.- "NOME E APELIDO"
A un home detéo a policía e dille:
.- Deme o seu nome e apelido!
.- Está louco!! e eu, despois, como me chamo??
Daniel Vázquez 4ºC
52.- "O FEO"
Un neno foi a un concurso de feos, e era tan feo....tan feo...., que o xurado díxolle que non quería profesionais!
Ainoa 4ºC
53.- "O ASTRONAUTA"
.- Cal é o colmo dun astronauta?
.- Que lle pase preto unha estrela e non lle asine un autógrafo!!
Carla Campos 4ºC
54.- "NENO BAIXO"
.-Era un neno tan baixo...tan baixo....tan baixo.....que a cabeza cheiráballe a pes!!
Carla Campos 4ºC
.- Que lle di unha culleriña ao azucre?
.- Vémonos no café!!
Carla Campos 4ºC
56.- "O MATEMÁTICO"
.- Cal é o colmo dun matemático?
.- Que bote unha planta e lle saia unha raíz cadrada!!
Carla Campos 4ºC
.- Sabes por que os parvos cando entran na cociña saen?
.- Porque ven o bote do sal!!!
David Pérez 5ºB
58.- "O PEIDO"
Van un español, un francés e un inglés nun helicóptero e o piloto di:
.- Hai que soltar peso que nos imos estrelar!!
Vai o francés e solta unha navalla.
Un señor pola rúa pregunta:
.- Neniña!..Neniña!..por que choras tanto?
.- Porque caeu unha navalla do ceo e matou o meu gato!...
O inglés soltou un coitelo e o señor da rúa pregunta:
.- Neniña!..Neniña!..por que choras tanto?
.- Porque caeu un coitelo do ceo e matoume o can!...
Vai o español e soltou unha granada e o señor da rúa pregunta:
.- Neniño!..Neniño!..por que te ris tanto?
.- Porque a miña avoa tirouse un peido e esborrollou toda a casa!!!
Pablo Mella 5ºB
59.- "ÁRBORE E BORRACHO"
.- Cal é a diferencia entre unha árbore e un borracho?
.- Que o borracho empeza pola copa e acaba polo chan......e que a árbore empeza polo chan e acaba pola copa!!
Ainoa 5ºC
60.- "O EGOÍSTA"
.- Cal é o colmo dun egoísta?
.- Comerse os mocos detrás da porta...para que ninguén lle pida?
Ismael Aguirre 6ºA
Entran dous homes nun ascensor e un pregunta:
.- Que piso?
.- O meu pe!!!
Ana Díaz 1ºB
63.- "UVA MORADA"
Que lle di unha uva uva verde a outra morada?
.- Respiiiiiiiira!!!!
Ana Díaz 1ºB
Dille unha vella a outra:
.- María!....caeche a baba!
.- Non importa....teño máis!!
Ana Díaz 1ºB
.-Pai!...Pai!...vou casar coa avoa!
.- Como vas casar coa miña nai?
.- Pois ti casaches coa miña nai e eu non dixen nada!!
Antía Rodríguez 2ºA
66.- "JAPÓN"
.- Cal é o país que ri e estoupa?
JAAAAAAPOOOOOÓN!!
Antía Rodríguez 1ºB
.- Nai,...podo ve-la tele?
.- Claro que podes ir ve-la tele......pero apagada!!!!
Antía Rodríguez 1ºB
68.- "OS DE BELÉN"
.- Sabes como se chaman os que viven en Belén?
.- Mmm.......belencianos?
.- Non! figuriñas!!
Antía Rodríguez 1ºB
GRAZAS
POR ESTES CHISTES
TAN DIVERTIDOS!