martes, 14 de enero de 2014

NOVA CANTIGA

Temos aquí una nova cantiga para os meses de xaneiro e febreiro.
Esperamos que vos guste e que a cantemos todos na FESTA DO ENTROIDO!

SE CHOVE

vén o vento do mare
vén o vento mareiro.
vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro.  (BIS)

Se chove, deixa chovere,
se orballa, deixa orballare,
por máis que chova e vente
de ti non me hei de apartare.  (BIS)

Pasei pola ponte abaixo,
vin saltar unha sardiña
mariñeiros ide ao mare
e botádelle a traíña.  (BIS)

 Se chove................(BIS)

 Indo polo mar abaixo
perdín a miña navalla,
rema, mariñeiro, rema
que alá no mar me quedaba. (BIS)

 Se chove................(BIS)

 O que navega de noite
ha tropezar cos penedos,
eu que ando polo día,
tropezo cos teus enredos. (BIS)

 Se chove................(BIS)