PELIQUEIROS
Amos
e señores do entroido de Laza.
Corren e saltan para facer soar as chocas e ninguén os pode tocar e moito menos
quitarlles a carauta. Se algún deixa de saltar pode ser levado á forza ata a
taberna máis próxima, onte lle tocará pagar unha volta de viños.
CIGARRÓNS
Moi
semellantes aos peliqueiros, pero de Verín.
Armados cun látego, ás súas 'vítimas' non lles queda outra que convidalos a un
viño ou o que corresponda.
felos
TÍPICOS
DE MACEDA. A máscara e o
traxe son moi semellantes aos de peliqueiros e cigarróns, pero cambian as
medias, que nos felos son negras.
PANTALLAS
Protagonistas
en Xinzo de Limia. Portan
unha máscara de cartón, papel de periódico, feltro, fariña e auga e teñen
especial predilección por quen vaia sen disfrazar.
BOTEIROS E FOLIÓNs
Para
atopalos hai que achegarse a Viana do
Bolo. A súa máscara negra está tallada en madeira, ten cornos de
malvado pero sorriso de ledicia. Por riba da cabeza arames, fitas e papeis
danlle todas as cores imaxinables. Os boteiros son a figura central do folión
que percorreo Viana nestes días. Con algunhas diferenzas tamén son propios de Vilariño de Conso.
VOLANTES
Recuperados
en Chantada, acaparan boa
parte do protagonismo do Entroido Ribeirao. Levan na cabeza un pucho multicor
que chega a pesar uns 15 quilos. A súa estrutura é de vimbio, á que se atan as
colonias de cores, flores ou bonecas. Sobre os ombros os volantes levan un
pano, denominado "portugués".
O
OSO
"O
Oso pódete lixar, pódete facer chorar; pero en canto o vexas, desexarás que te
collan os criados e te leven xunto a el". É a advertencia que lanzan os
organizadores do entroido de Salcedo,
na Pobra do Brollón. O personaxe, cuberto con peles de animais, vai
acompañado dos seus "criados", encargados de achegarlle á xente para
que a encha de suciedade, mesmo de esterco.
RAVACHol
Nado
nos anos 90 do século XIX e falecido en xaneiro de 1913, o loro Ravachol era a
mascota do boticario pontevedrés
Perfecto Feijóo. Famoso polos seus diálogos e frases non sempre ben soantes, a
proximidade entre a súa morte e o Entroido levou o seu propietario a organizar
un enterro por todo o alto. Ese enterro é o que se conmemora en Pontevedra ao
remate das festas entroideiras.
XENERAIS
DA ulla
A orixe dos xenerais da
Ulla está nos enfrontamentos armados vividos na comarca a finais do
século XIX. A Guerra da Independencia, a batalla de Cacheiras ou as guerras
carlistas deron en ser parodiadas por estes elegantes personaxes, cuxa chegada
é anunciada polos correos. Cando dous xenerais se atopan prodúcese ou atranque
ou alto, no que intercambian acusacións retranqueiras cada vez máis subidas de
ton. O sangue nunca chega ao río.
a
morena
A
Morena é unha vaca que mora no Entroido de Laza.
A súa cabeza é de madeira e vai cuberta con pel de carneiro.
O
meco
En
múltiples lugares do país o Mércores de Cinza quéimase o Meco, unha figura que
adoita ser paródica, destacando algúns dos asuntos máis espiñentos do
ano.
madamas e galáns
Típicos
de Cangas e Vilaboa. Son
homes e mulleres moi sofisticados: levan colares, fitas de cores, flores,
plumas... Todo elegancia.
choqueiros
Aínda
que se refiren a múltiples personaxes do Entroido, uns dos maís populares son
os do barrio de Monte Alto, na Coruña.
Van vestidos de calquera xeito imaxinable.
Merdeiros
O
merdeiro é un personaxe do entroido
vigués de carácter popular.
Vestirse no entroido de merdeiro era un
costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa.
Querían molestar á xente na época do
entroido, manchando ás persoas con restos de peixes apodrecidos.
O motivo desta personaxe foi a xenreira
existente entre mariñeiros e labregos.