viernes, 27 de abril de 2018

OS MAIOS. 
CELEBRACIÓN DA CHEGADA DA PRIMAVERA.


Desde o 30 de abril ao 12 de maio
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera e que será levada a cabo pola Asociación Etnográfica A Merdeira, ao longo do mes de maio.
Duración: 60 - 90 minutos
Para todos os públicos. Actividade gratuíta
-30 (abril) luns, 18:00. No Calvario (diante do mercado, Urzaiz, 183)
(colaboración de ACECA-Asociación de Comerciantes do Calvario- e do mercado do Calvario)
-5 (maio) sábado, 12:00. En Navia (entre os números 18 e 20 da rúa As Teixugueiras)
(colaboración da A.VV. Novo Vigo)
-8 (maio) martes, 18:00. En Coia, praza da Gurulla (entrando pola rúa Baiona, preto da gasolineira)
(colaboración coa Concellaría de Xuventude)
-9 (maio) mércores, 18:00. Na praza da Independencia
(colaboración coa Concellaría de Xuventude)
-11 (maio) venres, 18:00. En Bouzas (na alameda praza Suárez Llanos)
(colaboración da A.C. Vila de Bouzas)
-12 (maio) sábado, 11:30. En Teis (diante do mercado, rúa Toural de Abaixo cara á Sanjurjo Badía)
(colaboración do mercado de Teis)
Festa cíclica presente na cultura rural europea dende tempos inmemoriais. Manifestación agraria a través da cal as xentes do campo celebraban o traballo da recollida dos froitos da primavera, representada no maio, adornando con elementos vexetais e froitos do campo.
A rapazada levará a cabo a danza das cintas, despois dun pequeno obradoiro de aprendizaxe.