Este curso estamos a traballar no cole o Proxecto "Miña Terra Galega" en colaboración coa Biblio do noso cole... e sabiades que en Galicia temos o noso propio "Papá Noel"? Neste caso nós chamámoslle Apalpador....por se che apetece coñecelo mellor...
O Apalpador
Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador. Vivía nas altas montañas das serras orientais de Galicia e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguita ás meniñas e aos meniños por ver se comerán ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
Caracterízase por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación da memoria do noso país, das nosas tradicións. Tamén está moi relacionado co tema do consumo solidario e responsable.
e xa postos en tradicións... este ano seguimos co que xa se vai a converter na tradición do Lope, cantar todo o cole xuntos a PANXOLIÑA DE NADAL! PREME NA IMAXE E AFINA A TÚA VOZ! NECESITÁMOSVOS MOI CANTAREIR@S PARA O FESTIVAL DE NADAL!
O alumnado de 6º, da man da incrible profe Iria, decatouse do seguinte:
"Despois de observar moitos prexuízos lingüísticos na aula, programamos algo para sensibilizar ao alumnado: unha liña do tempo para que cubrisen en equipos, seguindo o vídeo “Galicia no mundo - a lingua galega” da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Despois, xuntos, fomos engadindo algún dato máis que consideraba relevante. Despois de reflexionar sobre a información , decidimos crear a nosa liña nun mural para dar a coñecer a historia da nosa lingua a todo o centro."
Aquí vos amosamos unha pequena mostra de todo o que investigaron e crearon!
POIS XA SABEDES, UNHA LINGUA TAN RICA E SENLLEIRA COMA A NOSA, MERECE QUE ESTEMOS BEN ORGULLOSOS DELA..
E COMO BEN DIXEMOS O CURSO PASADO....NESTE COLE ESTÁ PERMITIDO...