O alumnado de 6º, da man da incrible profe Iria, decatouse do seguinte:
"Despois de observar moitos prexuízos lingüísticos na aula, programamos algo para sensibilizar ao alumnado: unha liña do tempo para que cubrisen en equipos, seguindo o vídeo “Galicia no mundo - a lingua galega” da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Despois, xuntos, fomos engadindo algún dato máis que consideraba relevante. Despois de reflexionar sobre a información , decidimos crear a nosa liña nun mural para dar a coñecer a historia da nosa lingua a todo o centro."
Aquí vos amosamos unha pequena mostra de todo o que investigaron e crearon!
POIS XA SABEDES, UNHA LINGUA TAN RICA E SENLLEIRA COMA A NOSA, MERECE QUE ESTEMOS BEN ORGULLOSOS DELA..
E COMO BEN DIXEMOS O CURSO PASADO....NESTE COLE ESTÁ PERMITIDO...