Este curso estamos a traballar no cole o Proxecto "Miña Terra Galega" en colaboración coa Biblio do noso cole... e sabiades que en Galicia temos o noso propio "Papá Noel"? Neste caso nós chamámoslle Apalpador....por se che apetece coñecelo mellor...
O Apalpador
Nos últimos anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador. Vivía nas altas montañas das serras orientais de Galicia e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguita ás meniñas e aos meniños por ver se comerán ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
Caracterízase por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
Recuperar o Apalpador é un acto de reivindicación da memoria do noso país, das nosas tradicións. Tamén está moi relacionado co tema do consumo solidario e responsable.