Mes da Ciencia en Galego
Dende que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai oito anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
POLO TANTO, XA SABES,... SE ES A FUTURA INVENTORA OU INVENTOR DA MÁQUINA DO TEMPO, RECORDA FACER AS TÚAS PESCUDAS EN GALEGO
A CONTINUACIÓN, PODERÁS DESFRUTAR DUN LIBRO INTERACTIVO CUNHA MOREA DE ACTIVIDADES... COA TOUPICIENCIA!
PREME NA TOUPIÑA....
SE O TEU EIDO É EXPLORAR E COÑECER O DESCOÑECIDO, EN VEZ DE TANTO EXPERIMENTO, PODEDES DESFRUTAR DAS CHARLAS DESTAS GRANDES DIVULGADORAS CIENTÍFICAS QUE NOS AMOSAN O GRAN UNIVERSO ONDE VIVIMOS...
E DE NON TE QUERES PERDER NINGÚN ACONTECEMENTO PORQUE O TEU É O MUNDO DA CIENCIA, AÍNDA PODES DESCARGAR O CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR EN GALEGO2024-2025
PREME NOS DEBUXOS...