domingo, 24 de noviembre de 2013

CANTIGA DE NADAL

Xa estamos moi perto do Nadal!

Aquí temos una cantiga tradicional para aprender e poder cantala nas festas!



 

DESPEDIDA DE ANO VELLO
Despedida de Ano Vello,
entradiña de Aninovo,
os señores de esta casa
mais conten con grande gozo,
mais conten con grande gozo
ai lalelo, ai lalalo

Vivan os nenos do Lope,
que viñeron a tocar
ao neno recén nacido
entre as pallas do Portal (BIS)
 
Ano Novo, vida nova
Ano Novo que traerás,
o vello suspiros leva,
o novo xa os traerá,
o novo xa os traerá
ai lalelo, ai lalalo

 Ano de festas que naces,
o pasado xa pasou,
a primavera enverdece
o xardín que se marchou,
o xardín que se marchou
ai lalelo, ai lalalo
 
Vivan os nenos do Lope........
 
Ano Novo, vida nova
Ano Novo que traerás,
o vello suspiros leva,
o novo xa os traerá,
o novo xa os traerá
ai lalelo, ai lalalo









domingo, 10 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

A COLLEITA DAS CASTAÑAS

 
Hai anos os castiñeiros eran abundantes na nosa terra e daban moitas castañas, que eran recollidas en sacos e levadas para as casas.
O castiñeiro non dá máis traballo que o de sacarlle alguna póla seca, xa que el mesmo se esterca coa folla que lle cae no outono.
A finais de outubro ou primeiros de novembro as castañas empezan a caer dos ourizos; as primeiras son "as do angazo", que se recollen con este trebello e  se traen para casa en cestas e en sacos.
Despois os castiñeiros varéanse coa baloira para ir guindando os ourizos ó chan.
Amoréanse ou bótanse na ouriceira para que se murche o ourizo e abra, sacando entón as castañas co angazo.
Orizada-las castañas, lévanse para a casa e as que non se consumen meses días van ao canizo para secaren.
Nas zonas que dan moitas castañas constrúense sequeiros, edificios que teñen un andar coas táboas do chan lixeiramente separadas unas das outras e cheas de buratos; alí bótanse as castañas, coidando de remexelas de cando en vez. No andar de abaixo, cun piso de terra, acéndese lume e o fume pasa ao primeiro andar por entre as castañas e vainas secando. Estes sequeiros tamén teñen polo xeral una tarima para durmir o que está  ao coidado das castañas.
Unha vez secas, bótanse no canizo, de onde se van collendo conforme se precisan, ou se lles tira a casca e gárdanse en sacos ou arcas. Logo, cando convén, apártanse as precisas para o consumo e as outras véndense na feria. Nalgunhas comarcas, a mais do consumo humano, tamén se usan para comida do gando.
 
 
 
 
 

miércoles, 6 de noviembre de 2013

SAMAÍN 2013

Este ano celebramos a festa do SAMAÍN con una mostra de CONTOS DE MEDO:
 



 
 e moitos MONSTROS ARREPIANTES:
 
E aquí tedes una escolma dos mellores:
 




 
 
 
 
 
 
 
 

lunes, 21 de octubre de 2013

CANTIGA DE NOVEMBRO

Aquí deixamos una nova canción para cantar o día do Magosto.
Titúlase "ROSIÑA" e fala do tempo de outono e das castañas.
 
ROSIÑA

Rosiña, rosa, roseira,
rosiña namorareira,
venche o ventiño de lonxe.
Ai, la, la, ai, la, la, ai, la, la.
Lévache a folliña toda.
Ai, la, la, ai, la, la, ai, la, la.
Lévache a folliña toda.
Ai, la, la, ai, la, la, ai, la, la.
Ai, la, le, lo.
Ai, la, la, ai, la, la, ai, la, la.

 
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto. (BIS)
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.(BIS)
 
Rosiña, rosa,roseira....(RETROUSO)
 
Detrás dun toxo pequeno,
dícheme un bico, Rosiña. (BIS)
Puxéchesme tanto xeito
para que o toxo non nos vira. (BIS)
 
Rosiña, rosa,roseira....(RETROUSO)
 
O San Martiño de Ourense
bota as castañas abaixo. (BIS)
Bótame-las máis grandiñas
que as pequenas van debaixo. (BIS)
 
Rosiña, rosa,roseira....(RETROUSO)
 
 
 

miércoles, 25 de septiembre de 2013

A CANTIGA DO MES

Neste curso imos traballar a tradición oral do noso idioma por medio da música popular e as nosas cancións.

Cada mes aprenderemos una cantiga nova para cantala despois no colexio.

Aquí deixamos a letra e a música das cantigas de setembro e outubro.

Esperamos que vos gusten e animamos a todos/as a apredendelas para que non se perdan.

A CANTIGA DO MES: SETEMBRO
 
A VIRXE DE GUADALUPE
 

Ondiñas veñen,

ondiñas veñen,
ondiñas veñen, e van,
non te embarques rianxeira
que te vas marear. (BIS)
 
 A virxe de Guadalupe,
cando veu para Rianxo, (BIS)
a barquiña que a leva
era de pau de laranxo. (BIS)
 
 Ondiñas veñen,… (BIS)
 A virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, (BIS)
descalciña pola area,
parece una rianxeira. (BIS)
 
 Ondiñas veñen,… (BIS)
 
 
 
 
A CANTIGA DO MES: OUTUBRO
 A SAIA DE CAROLINA
A saia de Carolina
ten un lagarto pintado,
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle ó rabo
 
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches?.
Bailei co meu amor
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailaches Carolina?.
Bailei, si señor.
 
A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés;
vístese pola cabeza
e íspese polos pés.
Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.
Dime con quen bailaches?.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel
Bailaches Carolina?.
Bailei no cuartel.
 
 
O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
  
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quen bailaches?.
Bailei co meu Xosé
Bailei co meu Xosé
Bailei co meu Xosé
Bailaches Carolina?.
Bailei, abofé.
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 

martes, 24 de septiembre de 2013

             

BENVIDOS AO CURSO 2013 - 2014


Ola de novo a tod@s! Desexarvos un bo curso. Como en anos anteriores, faremos moitas cousas e iremos engadindo entradas  no blogue cos vosos traballos.
Dentro de moi pouco teredes sorpresas que vos estamos preparando. 


COMEZAMOS A VIAXE...

domingo, 16 de junio de 2013

REVISTA ESCOLAR 2012-1013

Como remate do curso,
 aquí vos deixamos a versión dixital da nosa revista:
(Premer nela para entrar)

(Tamén se pode descargar en versión PDF

 na páxina web do noso centro)


Como agasallo ao remate do curso deixamos unha páxina web donde podedes atopar todas as publicacións dixitais  dos últimos dous cursos: www.issuu.com/dinalingualope


Moitas grazas a todos e todas  pola vosa colaboración!

FELICES VACACIÓNS!