lunes, 6 de abril de 2015

BUSCAMOS O TESOURO

ADIVIÑA COMO SE CHAMAN ESTES TESOUROS!

SIGUE AS PISTAS!
 INVESTIGA!

TESOURO Nº 1

1.- É unha illa situada na Ría de Vigo.

2.- Está unida por unha ponte a outra illa chamada de San Antón.

3.- Julio Verne atracou nela o "Nautilus" no seu libro "Veinte mil leguas de viaje submarino".


4.- Estivo habitada desde sempre, foi monasterio, lazareto, cárcere, colonia de vacacións,....

5.- O famoso pirata Francis Drake saqueou a illa no século XVI.

6.- Na sua enseada tivo lugar a Batalla de Rande en 1702.

7.- Foi cantada polo poeta Mendiño na Idade Media:
Sediam'eu na ermida de San Simón
e cercaronm'as ondas, que grandes son,
eu atendend'o meu amigo,
eu atendendo'o meu amigo...

8.- Hoxe é un espazo natural protexido, con xardíns, auditorio e biblioteca, onde se fomenta a cultura.

9.- Está no concello de Redondela, na parroquia de Cesantes.

SOLUCIÓN:

A ILLA DE SAN SIMÓN


TESOURO Nº 2

1.- É unha rúa do Casco Vello de Vigo que comenza na Praza da Constitución.

2.- Hai un edificio chamado "Casa Pereira de Castro", so século XVIII, de estilo barroco galego.


3.- A "Casa Pereira de Castro" ten un reloxio de sol na esquina que é de 1780.

4.- En 1808 os franceses baixaron por esta rúa, atravesaron a  Praza da Igrexa e chegaron á Porta da Gamboa, donde os esperaban os milicianos con pedras e paus para botalos fóra.

5.- No inicio da rúa, na Praza da Constitución, facíanse os mercados e feiras da cidade.

6.- Tamén na Praza da Constitución estivo o antiguo Concello de Vigo, que hoxe é sede da Biblioteca da Fundación Penzol.

7.- Moi perto está a Rúa dos Cesteiros, que tamén comenza na Praza da Constitución.

8.- É a rúa que une a Praza da Constitución coa Concatedral de Santa María.

SOLUCIÓN:
A RÚA TRIUNFO

TESOURO Nº 3

1.- É un pazo propiedade do pobo de Vigo.

2.- Foi regalado á cidade en 1924 polo Marqués de Alcedo, para que se adicase a museo.

3.- É un monumento histórico-artístico. O museo, as coleccións, os xardíns e o parque foron declarados Bens de Interese Cultural.

4.- Ten unha capela e un pombal.

5.- Acolle un museo de arqueoloxía, obxectos da historia de Vigo e unha importante colección de escultura e pintura galega.


6.- No seu xardín francés destaca un camelio de máis de douscentos anos, o magnolio máis grande de Galicia e labirintos de buxo.

7.- No seu xardín inglés atopamos bosques con pradeira, parques, auditorio,...

8.- É o Pazo-Museo que está no Parque de Castrelos.

SOLUCIÓN:
O PAZO-MUSEO "QUIÑONES DE LEÓN"

PARABÉNS AOS ACERTANTES!


CURSO

ALUMNO/A

1ºA

Anxo Abad

1ºA

Helena Bello

1ºA

Sabela Álvarez

1ºC

Ricardo Sacristán

2ºA

Franko Fraulín

2ºA

Sabela Costas

2ºA

Sofía Álvarez

2ºA

Yago Dorgambide

2ºB

Pablo Rodríguez

2ºC

Alba Santomé

2ºC

Candela Freire

2ºC

Claudia Romero

2ºC

Irene Lustres

2ºC

León Domínguez

2ºC

Nora Vázquez

2ºC
2ºC

Sara García
Tiago Vecino

3ºA

Aitana González

3ºB

Carmen Maceira

3ºB

Sofía González

3ºB

Uxía Otero

3ºB

Zaira Pérez

3ºC

Aroa Vázquez

3ºC

Gael Posada

3ºC

Kenenisa M. Rodríguez

3ºC

Lía Urdiales

3ºC

Manuel Rey

3ºC

Natalia Vale

3ºC

Pablo Sans

3ºC
3ºC

Paula González
Antía Rodríguez

4ºA

Laura Castro

4ºA

Luis Daniel García

4ºA

Marcos González

4ºA

Miguel A. Puente

4ºA

Pablo Alonso

4ºA

Sofía N. Ordoque

4ºA

Tania Arévalo

4ºB

Alcira Borges

4ºB

Andrea Troncoso

4ºB

Gabriel Torres

4ºB

Jacobo Crespo

4ºB

Julieta Remiro

4ºB

Luis Montero

4ºB

Xoel Díaz

4ºB

Yara Costas

4ºC

Aroa Fernández

4ºC

Eva Trigo

4ºC

Irina Rivas

4ºC

Joel García

4ºC

Mar Urdiales

4ºC

Markel Márquez

4ºC

Uxía Prieto

5ºA

Aldara Comesaña

5ºA

Alexandra Abalde

5ºA

Elvira Álvarez

5ºA

Gael Calvo

5ºA

Hugo Costas

5ºA

Iago de la Iglesia

5ºA

Nerea Arce

5ºB

Ana María Fernández

5ºC

Adriana Torrado

5ºC

Nahiara Pinto

5ºC

Nuria Sanromán

5ºC

Paula Saco

5ºC

Yasmín Mani

6ºA

Andrés González

6ºA

Carla Álvarez

6ºA

Jimena A. Gandulfo

6ºA

Santiago Corbacho

6ºB

Araceli Vale

6ºB

Carmen Pilar Garrido

6ºB

Celia López

6ºB

Hiraya Nogueira

6ºB

Iago Palma

6ºB

Luis G. Méndez

6ºB

Manuel Beceiro

6ºB

Nicolás Chenlo

6ºB

Noelia Paz

6ºB

Nut Mora

6ºB

Pablo Ledo

6ºB

Yaiza Rivera

6ºC

Alejandra Iglesias

6ºC

David R. Estévez

6ºC

Sofía Iglesias
RECIBIREDES O VOSO DIPLOMA
O
DÍA DAS LETRAS GALEGAS!












domingo, 8 de febrero de 2015

PERSONAXES DO ENTROIDO


PELIQUEIROS

   Amos e señores do entroido de Laza. Corren e saltan para facer soar as chocas e ninguén os pode tocar e moito menos quitarlles a carauta. Se algún deixa de saltar pode ser levado á forza ata a taberna máis próxima, onte lle tocará pagar unha volta de viños.
 

CIGARRÓNS

     Moi semellantes aos peliqueiros, pero de Verín. Armados cun látego, ás súas 'vítimas' non lles queda outra que convidalos a un viño ou o que corresponda.
 
felos
  TÍPICOS DE MACEDA. A máscara e o traxe son moi semellantes aos de peliqueiros e cigarróns, pero cambian as medias, que nos felos son negras.
 
 PANTALLAS
    Protagonistas en Xinzo de Limia. Portan unha máscara de cartón, papel de periódico, feltro, fariña e auga e teñen especial predilección por quen vaia sen disfrazar.
 
         BOTEIROS E FOLIÓNs
    Para atopalos hai que achegarse a Viana do Bolo. A súa máscara negra está tallada en madeira, ten cornos de malvado pero sorriso de ledicia. Por riba da cabeza arames, fitas e papeis danlle todas as cores imaxinables. Os boteiros son a figura central do folión que percorreo Viana nestes días. Con algunhas diferenzas tamén son propios de Vilariño de Conso.
 
VOLANTES
   Recuperados en Chantada, acaparan boa parte do protagonismo do Entroido Ribeirao. Levan na cabeza un pucho multicor que chega a pesar uns 15 quilos. A súa estrutura é de vimbio, á que se atan as colonias de cores, flores ou bonecas. Sobre os ombros os volantes levan un pano, denominado "portugués".
 
O OSO
        "O Oso pódete lixar, pódete facer chorar; pero en canto o vexas, desexarás que te collan os criados e te leven xunto a el". É a advertencia que lanzan os organizadores do entroido de Salcedo, na Pobra do Brollón. O personaxe, cuberto con peles de animais, vai acompañado dos seus "criados", encargados de achegarlle á xente para que a encha de suciedade, mesmo de esterco.
RAVACHol
    Nado nos anos 90 do século XIX e falecido en xaneiro de 1913, o loro Ravachol era a mascota do boticario pontevedrés Perfecto Feijóo. Famoso polos seus diálogos e frases non sempre ben soantes, a proximidade entre a súa morte e o Entroido levou o seu propietario a organizar un enterro por todo o alto. Ese enterro é o que se conmemora en Pontevedra ao remate das festas entroideiras.
 
XENERAIS DA ulla
    A orixe dos xenerais da Ulla está nos enfrontamentos armados vividos na comarca a finais do século XIX. A Guerra da Independencia, a batalla de Cacheiras ou as guerras carlistas deron en ser parodiadas por estes elegantes personaxes, cuxa chegada é anunciada polos correos. Cando dous xenerais se atopan prodúcese ou atranque ou alto, no que intercambian acusacións retranqueiras cada vez máis subidas de ton. O sangue nunca chega ao río.
 
a morena
    A Morena é unha vaca que mora no Entroido de Laza. A súa cabeza é de madeira e vai cuberta con pel de carneiro.
 
O meco
      En múltiples lugares do país o Mércores de Cinza quéimase o Meco, unha figura que adoita ser paródica, destacando algúns dos asuntos máis espiñentos do ano. 
 

madamas e galáns
    Típicos de Cangas e Vilaboa. Son homes e mulleres moi sofisticados: levan colares, fitas de cores, flores, plumas... Todo elegancia.

 
 
choqueiros
    Aínda que se refiren a múltiples personaxes do Entroido, uns dos maís populares son os do barrio de Monte Alto, na Coruña. Van vestidos de calquera xeito imaxinable.

 
Merdeiros
    O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de carácter popular.
Vestirse no entroido de merdeiro era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa.
Querían molestar á xente na época do entroido, manchando ás persoas con restos de peixes apodrecidos.
O motivo desta personaxe foi a xenreira existente entre mariñeiros e labregos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 

SEMENTAMOS A PAZ

Cantamos esta canción para celebrar o DÍA DA PAZ:




miércoles, 17 de diciembre de 2014