ADIVIÑA COMO SE CHAMA ESTE TESOURO
SEGUE AS PISTAS E INVESTIGA
Deixa a solución co teu nome, apelido e curso na caixa de correo do corredor en frente do comedor.
1. A SÚA ORIXE DATA DO S.XII
2. MICROESTADO SITUADO NO SUR DA PROVINCIA DE OURENSE, ENTRE GALICIA E PORTUGAL.
3. CONSTITUIDO POLAS ALDEAS DE SANTIAGO, RUBIÁS E MEAUS
4. O IDIOMA POPULAR ERA O GALEGO AÍNDA QUE EN DOCUMENTOS E NAS ESCOLAS USÁBASE O CASTELÁN.
5. O SEU ARQUIVO GARDÁBASE NUNHA ARCA DE MADEIRA CUSTODIADA NA IGREXA SE SANTIAGO.
6. O CULTIVO MÁIS EXTENDIDO ERA O TABACO, LIÑO, MILLO E AS PATACAS.
7. ENTRE OS PRIVILEGIOS ESTABAN,
- A NON OBRIGA DE PAGAR CONTRIBUCIÓNS
- NON PODÍAN SER APRESADOS NO CAMIÑO PRIVILEXIADO
- AUTOGOBERNO MEDIANTE A ELECCIÓN DUN XUÍZ.
SOLUCION~ O COUTO MIXTO
viernes, 2 de diciembre de 2016
lunes, 21 de noviembre de 2016
martes, 15 de noviembre de 2016
OBRADOIRO CIENCIAS~ ELABORACIÓN DE SACOS AROMÁTICOS
Hoxe os alumnos de 4º de Educación Primaria tiveron a sorte de poder disfrutar dunha actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. No obradoiro os alumnos-as a través da exposición de dez plantas aromáticas coñeceran as súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terrenos nos que medran, ...Para rematar o obradoiro os nenos-as fixeron uns sacos de olor que elixiron entre arzaia, camomila e menta poexo. Deixámosvos unhas fotos da xornada tan entretida que pasaron.






domingo, 6 de noviembre de 2016
viernes, 21 de octubre de 2016
miércoles, 19 de octubre de 2016
EXPOSICION FROITOS DO OUTONO
Queremos agradecer a gran colaboración por parte das familias na Exposición de froitos do outono e refráns.
Estamos decorando o colexio cunhas cestas feitas con moito gusto, cheas de produtos típicos da época. O alumnado está coñecendo moitos froitos que despois etiquetamos en galego.
Lembramos que unha vez rematada a exposicióo outorgaremos os diplomas.
Deixámosvos algunhas imaxes da exposición.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






