martes, 16 de octubre de 2012

CAMIÑO DA LINGUA


O luns, día 11 de outubro recibimos unha visita de animadores enviados pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo

Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria disfrutaron das actividades de Camiño da Lingua nun proxecto que inclúe probas lingüísticas, culturais e xogos onde o vínculo é a Lingua Galega.

O taboleiro de xogo simula o coñecido xogo da oca pero tematizado con monumentos e lugares emblemáticos da cidade de Vigo.

Os alumnos e alumnas superaron unha serie de probas lingüísticas, culturais e lúdicas para conseguir o preciado "Tesouro de Rande".

Foi moi interesante e divertido. Serviu para potenciar o uso da nosa lingua e para coñecer a cidade onde vivimos.

A FESTA DO SAMAÍN


O SAMAÍN

 
¿QUE É UNHA CABACEIRA?
A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas.
Soe plantarse a primeiros de verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia.
Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucurbita pepo ou cabaceira común.
 




USOS DAS CABAZAS

         Os usos desta especie son moi variados, sendo a mantenza do gando a principal de todos eles. Así mesmo en moitas zonas de Galicia aproveitase para o consumo humano, facendo doces e potaxes para o que se aproveitan as máis maduras de todas elas. Este costume culinario tamén se atopa no mundo británico. Da súa cortiza pode extraerse tamén un aceite vexetal. Así mesmo, as pebidas enxoitas e salgadas son aproveitadas para o consumo humano e tamén hoxe en día véndense en moitas tendas para o seu consumo como outros froitos secos.


A FESTA DO SAMAÍN

         Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
 

         Os Celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:
·             1 Febreiro en honra a deidade Imbole.
·             1 Maio en honra a deidade Beltain.
·             1 Agosto en honra a deidade Lungh.
·             1 Novembro en honra a deidade Samaín.
         O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis como un botín de guerra coma o cerne dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica sa súa pantasma".
 
         Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os Celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.
Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.
¿CÓMO SE FAI UNHA CAVEIRA?
A técnica do tallado da caveira é ben sinxela. Empézase facendo unha incisión superior semellante a unha boina. Afástase este bonete, límpase por dentro axudándose dun raspador, toda a polpa e os farrapos de onde colgan as pebidas ou sementes do froito. Tendo o interior ben limpo e rebaixado fanse dous furados para os ollos, outro para o nariz e outro para a boca. Pódese rematar poñéndolle uns pauciños nos beizos a xeito de dentes e prendendo unha vela no seu inteiror co coidado de colocala convintemente para que non caia.
 
 
        
 
   
 
 
 
 
 
 
 
 

 


 

sábado, 13 de octubre de 2012

SAMAÍN

                   
             Cando remate outubro celebraremos a festa de samaín.  

            Deixámosvos este vídeo e si queres pasar medo non
            se che ocurra faltar.

jueves, 11 de octubre de 2012

É BO APRENDER GALEGO



Este tríptico foi elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega  da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra.