O Apalpador
Nos últimos
anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador. Vivía nas altas
montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixa ás
aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguita ás meniñas e aos meniños
por ver se comerán ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos
feitos a man.
Caracterízase
por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos,
fuma en pipa e se alimenta con baias salvaxes e os porcos bravos que caza no
monte.
Recuperar o
Apalpador é un acto de reivindicación da memoria do noso país, das nosas
tradicións. Tamén está moi relacionado co tema do consumo solidario e
responsable.