domingo, 11 de mayo de 2014

CANTIGAS PARA BOTAR A SORTES

 
No traballo de recollida e recuperación das nosas tradicións,
temos aquí  todas as cantigas para rifar ou botar a sortes nos xogos,
aportadas polos nosos alumnos e alumnas.
 
Grazas a todas as familias pola colaboración!
 
Premer na imaxe para ver as cantigas:
 
http://issuu.com/dinalingualope/docs/cantigas_para_botar_a_sortes.pptx_f4739239ce260b

martes, 6 de mayo de 2014

LETRAS AO REVÉS

Aquí temos os gañadores do noso concurso de ortografía,
que recibirán o seu diploma no Festival das Letras Galegas:

Pablo Rodríguez Rial  1ºB
Adrián Gómez Benito  3ºA
Miguel Puente Alonso  3ºA
Noa Viñas Rodríguez  3ºB
Xoel Díaz Rodríguez  3ºB
Aroa Fernández Alvarez  3ºC
 Marta Fernández Fernández  3ºC
Ana María Fernández Camacho  4ºA
María Fernández Rodríguez  4ºA
Rafael Reboredo Barreiro  4ºC
Uxía García Padín  4ºC
Santiago Corbacho Buján  5ºA
Carmen Pilar Garrido Pérez  5ºB
Luis Gabriel Méndez Román  5ºB
Aarón Vidal Torrado  5ºB
Andrea Portas Leirós  6ºB
Sara Trigo Pérez  6ºC
Luis Miguel Ares Seijas  6ºC
Analía Rodríguez García  6ºC
Alba Vega Menéndez  6ºC

NORABOA A TOD@S!

domingo, 4 de mayo de 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


 
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014
 
está adicado a este poeta das terras de Lugo:
 
Xosé María Díaz Castro, nado en Guitiriz o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego.

Xosé María naceu no seo dunha familia labrega. En 1929 ingresou no Seminario de Mondoñedo.

Foi chamado a filas e destinado ao corpo de sanidade militar na Coruña como padioleiro e practicante. Estivo na guerra civil e na clínica militar do Hospital de Pontevedra.

No ano 1939 volveu ó seminario, porén o abandona de contado. Despois exerceu como profesor no Colexio León XIII, de Vilagarcía de Arousa..

Abandonados os estudos eclesiásticos fixo o bacharelato, acadando o título en 1945, e logo licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca,]especializándose en linguas modernas.

En 1948 trasladouse a Madrid e traballou como tradutor. Despois exerceu a docencia como profesor de linguas clásicas e modernas. Traballou no Consello Superior de Investigacións Científicas e no Instituto de Cultura Hispánica onde estivo ata 1966, encargado de servizos de tradución de francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas.

O 10 de agosto de 1954 casou con María Teresa Zubizarreta, con quen tivo tres fillos.

A súa obra:

Díaz Castro publicou os seus primeiros versos en castelán aos dezasete anos, pero foi a súa entrada no seminario o que exerceu un estímulo decisivo na súa promoción como escritor e para comezar a escribir en galego, publicando en El Progreso Villalbés en 1931 os seus primeiros versos en galego.

Logo da Guerra Civil continuou compoñendo. En 1946 foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos polo poema El Cántico de la Ciudad en castelán, e por Nascida d'un soño (tres sonetos) en galego.

En revistas e xornais diversos viron a luz outros poemas e artigos del en castelán e en galego.

Nimbos


Con todo, Díaz Castro está considerado autor dunha soa obra, o poemario Nimbos, editado en Vigo por Galaxia en 1961, que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo.

Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, mais sen refugar á esperanza para a súa terra.

O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG.

A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014.

 

                                   Penélope. X. M. Díaz Castro

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


 
 
ACTIVIDADES RECOMENDADAS
QUE PODEDES ATOPAR EN:
Brincaletras e curta de animación: o EDLG do CEIP García Barbón achéganos dúas novidosas iniciativas para podermos traballar a figura do homenaxeado. Por unha banda, o Brincaletras, xogo no que cada letra agocha unha pregunta sobre o autor; e pola outra, unha curta de animación co poeta como protagonista.
 Karaoke: atrévete a cantar os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz . Esta iniciativa forma parte de A lus do mundo, un proxecto educativo para achegar a poesía aos escolares.

Pasapregunta de Díaz Castro
: o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo rétanos a xogar con eles. Mirade se sabedes dabondo sobre a vida e a obra de Díaz Castro para acadar a máxima puntuación.
Test sobre Díaz Castro: o CEIP A Ponte fainos esta proposta tan dinámica e atractivapara poñer a proba os nosos coñecementos sobre a vida e a obra de Díaz Castro.

Pasapalabra Letras Galegas 2014: aproximación á figura de Díaz Castro seguindo a mecánica deste popular xogo televisivo. Realizado polo CEIP A Ponte de Lugo.