O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014
está adicado a este poeta das
terras de Lugo:
Xosé María Díaz Castro, nado en Guitiriz o 19 de
febreiro de 1914
e finado en Lugo
o 2 de outubro
de 1990,
foi un poeta
e tradutor
galego.
Xosé María naceu no seo dunha familia labrega. En 1929 ingresou no Seminario de Mondoñedo.
Foi chamado a
filas e destinado ao corpo de sanidade militar na Coruña
como padioleiro e practicante. Estivo na guerra civil e na clínica militar do
Hospital de Pontevedra.
No ano 1939 volveu ó seminario,
porén o abandona de contado. Despois exerceu como profesor no Colexio León
XIII, de Vilagarcía de Arousa..
Abandonados os estudos
eclesiásticos fixo o bacharelato, acadando o título en 1945, e logo licenciouse
en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca,]especializándose
en linguas modernas.
En 1948 trasladouse a Madrid e
traballou como tradutor. Despois exerceu a docencia
como profesor de linguas clásicas e modernas. Traballou no Consello Superior de
Investigacións Científicas e no Instituto de Cultura Hispánica
onde estivo ata 1966,
encargado de servizos de tradución de francés,
inglés,
alemán,
italiano,
portugués, holandés
e linguas escandinavas.
O 10 de agosto
de 1954
casou con María Teresa Zubizarreta, con quen tivo tres fillos.
A súa obra:
Díaz Castro publicou os seus
primeiros versos en castelán
aos dezasete anos,
pero foi a súa entrada no seminario o que exerceu un estímulo decisivo na súa
promoción como escritor e para comezar a escribir en galego, publicando en El Progreso Villalbés en 1931 os seus primeiros
versos en galego.
Logo da Guerra Civil continuou
compoñendo. En 1946
foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos
polo poema El Cántico de la Ciudad en castelán, e por Nascida d'un
soño (tres sonetos)
en galego.
En revistas e xornais
diversos viron a luz outros poemas e artigos del en castelán e en galego.
Nimbos
Con todo, Díaz Castro está
considerado autor dunha soa obra, o poemario Nimbos,
editado en Vigo
por Galaxia en 1961,
que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola
preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano,
a vida, a morte e o tempo.
Nun dos seus poemas máis
coñecidos, "Penélope",
reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, mais sen refugar á
esperanza para a súa terra.
O 4 de novembro
de 1973
foi nomeado correspondente da RAG.
A Real Academia Galega decidiu
adicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014.
Penélope. X. M. Díaz Castro
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
ACTIVIDADES
RECOMENDADAS
QUE PODEDES ATOPAR EN:
Brincaletras e curta de animación: o EDLG do CEIP García Barbón achéganos dúas novidosas
iniciativas para podermos traballar a figura do homenaxeado. Por unha banda, o
Brincaletras, xogo no que cada letra agocha unha pregunta sobre o autor; e pola
outra, unha curta de animación co poeta como protagonista.
Karaoke: atrévete a cantar os poemas de Díaz Castro musicados
pola profesora Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do IES Poeta Díaz
Castro de Guitiriz . Esta iniciativa forma parte de A
lus do mundo, un proxecto
educativo para achegar a poesía aos escolares.
Pasapregunta de Díaz Castro: o EDLG do CEIP A Ponte de Lugo rétanos a xogar con eles. Mirade se sabedes dabondo sobre a vida e a obra de Díaz Castro para acadar a máxima puntuación.
Test sobre Díaz Castro: o CEIP A Ponte fainos esta proposta tan dinámica e
atractivapara poñer a proba os nosos coñecementos sobre a vida e a obra de
Díaz Castro.
Pasapalabra Letras Galegas 2014: aproximación á figura de Díaz Castro seguindo a mecánica deste popular xogo televisivo. Realizado polo CEIP A Ponte de Lugo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario