martes, 8 de diciembre de 2015

Polo San Martiño....

O día 11 de novembro o alumnado de infantil celebrou o magosto. 
Fixemos unha sesión de xogos populares . Divididos en grupos mixtos puidemos xogar ás chapas, ao turra-soga, aos zancos, facer carreiras de sacos, ao xogo da culler, a castaña por detrás...pasámolo en grande!!!
Despois de case dúas horas xogando xa estaban as castañas preparadas para comer.     
Aquí  vos deixamos unhas fotografías de como transcurriu a xornada.



        






Dous días máis tarde, celebraron o magosto os nenos-as de primaria. Foi unha xornada moi agradable na que os-as nenos-as de 6º actuaron como monitores dos xogos tradicionais e outros máis actuais.
A continuación todos comimos as castañas que asaron algúns profes coa axuda inestimable de Santi, o noso conserxe.  




 

martes, 1 de diciembre de 2015

..................................................................SAMAÍN..................................................................


O alumnado do CEIP Lope de Vega traballou arreo para celebrar unha das tradicións máis antigas que data xa da época dos celtas: O Samaín.
Cada aula fixo un monstro con material de refugallo e moitos nenos-as trouxeron as súas cabazas e monstros para decorar os corredoiros do colexio.
O alumnado de primaria participou nun certame de relatos de medo. A maioría participou con entusiasmo e moitos dos textos arrepiaban.
O xoves 29 de outubro festexamos o Samaín!!
Os alumnos-as de infantil viron carecterizados das súas personaxes favoritas de medo e puidemos atoparnos con meigas, zombis, montros, vampiros, cabazas,...
Despois do recreo os alumnos-as de primaria caracterizáronse de seres terroríficos e deu comezo a festa.
Todos disfrutaron da obra ¨ Corre, corre, cabaciña¨ representada polos nenos-as de 6º de infantil, tamen tiveron a visita da Bruxa Maruxa que preparou nas súas marmitas unha menciña ben doce.
Por último, os rapaces de primaria fixeron un inercambio lector cos relatos máis arrepiantes.
Dende o EDLG agradecemos a todos a vosa colaboración.