martes, 8 de diciembre de 2015

Polo San Martiño....

O día 11 de novembro o alumnado de infantil celebrou o magosto. 
Fixemos unha sesión de xogos populares . Divididos en grupos mixtos puidemos xogar ás chapas, ao turra-soga, aos zancos, facer carreiras de sacos, ao xogo da culler, a castaña por detrás...pasámolo en grande!!!
Despois de case dúas horas xogando xa estaban as castañas preparadas para comer.     
Aquí  vos deixamos unhas fotografías de como transcurriu a xornada.



        






Dous días máis tarde, celebraron o magosto os nenos-as de primaria. Foi unha xornada moi agradable na que os-as nenos-as de 6º actuaron como monitores dos xogos tradicionais e outros máis actuais.
A continuación todos comimos as castañas que asaron algúns profes coa axuda inestimable de Santi, o noso conserxe.  




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario