lunes, 2 de diciembre de 2024
E XA É TEMPO DE NADAL...
Nesta terra tan fermosa, temos moitas tradicións e
jueves, 14 de noviembre de 2024
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Mes da Ciencia en Galego

SE O TEU EIDO É EXPLORAR E COÑECER O DESCOÑECIDO, EN VEZ DE TANTO EXPERIMENTO, PODEDES DESFRUTAR DAS CHARLAS DESTAS GRANDES DIVULGADORAS CIENTÍFICAS QUE NOS AMOSAN O GRAN UNIVERSO ONDE VIVIMOS...
E DE NON TE QUERES PERDER NINGÚN ACONTECEMENTO PORQUE O TEU É O MUNDO DA CIENCIA, AÍNDA PODES DESCARGAR O CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR EN GALEGO2024-2025
PREME NOS DEBUXOS...
lunes, 4 de noviembre de 2024
CASTAÑAS ASADAS ...QUE BOAS ESTÁN!
E QUE MELLOR QUE ESTOS DÍAS PARA ASAR UNHAS CASTANIÑAS, QUE É MOI NOSO!
E A PARTE DE ASADAS,... COÑECES MÁIS RECEITAS PARA COMELAS?
QUE VIVA O MAGOSTO QUE TANTO NOS RECONFORTA EN NOVEMBRO!
proba o teu nivel de MESTRE castañeiro/a cos seguintes xogos...:
👉👉PREME NAS IMAXES...
PONTE A PROBA, A VER CÁNTO SABES...
lunes, 14 de octubre de 2024
VELAÍ VÉN O SAMAÍN!
UUUUUUOOOOLA!!!!
AI! QUE XORNADA DE RISA NOS ESPERA! O 30 DE OUTUBRO, MÉRCORES (SE O TEMPO NOS DEIXA...)
UNHA BOA RISA É O MELLOR PARA ESPANTAR OS MEDOS!
ESTE ANO PROPOÑÉMOSVOS QUE VOS DECOREDES ENTEIROS!
SEGURO QUE DISFRUTAREMOS MOITO DESTE DÍA!
jueves, 26 de septiembre de 2024
XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO!
SETEMBRO É O MES DOS NOVOS COMEZOS E AS NOVAS AVENTURAS, DE APUNTARSE AO "GYM" DE INICIAR COLECCIÓNS... E POR QUE NON DE COMEZAR A FALAR EN GALEGO?
SACA A LINGUA FÓRA E VEÑA, IMOS ALÓ!
viernes, 7 de junio de 2024
REVISTA LUSCO FUSCO 16
E COMO PECHE A TODAS AS ACTIVIDADES QUE ESTAMOS A DESENVOLVER ESTE CURSO...
SAIDIÑA DO FORNO...
PREME PARA DESFRUTAR DELA!
lunes, 11 de marzo de 2024
LUíSA VILLALTA- LETRAS GALEGAS 2024
A poeta Luísa Villalta será este ano a homenaxeada das Letras Galegas 2024
lunes, 26 de febrero de 2024
SABÍAS QUE NESTE COLE... PERMITIMOS SACAR A LINGUA? 21 FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
TAL COMO OES!
QUE CHE PARECE?
PREME NA CANCIÓN E ANÍMATE A SACAR
A LINGUA FÓRA!
Con tanta troula decirvos que o 21 de febreiro, adicámosllo á celebración do Día da Lingua Materna.
A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Promulga deste xeito, a través da celebración do 21 de febreiro, a necesidade dun día de conmemoración das linguas para protexer e amparar a pluralidade cultural e lingüística de cada comunidade, preservando a diferenza e fomentando a tolerancia e o respecto aos demais.
Dende o Lope sumámonos a esta intención co orgullo que nos proporciona dicir que a nosa lingua nai é o galego e que nos esforzamos por crear un espazo de resistencia e liberdade no que darlle acollida e facela medrar. (Ed. Galaxia)
sábado, 10 de febrero de 2024
ENTROIDO II ! e moito máis...
E que non hai dous sen tres! Aquí no Lope non deixamos nin que a choiva nos quite as ganas de troula!
Para que vexades que ben o pasamos, deixámosvos un pequeno anaquiño da nosa merdeirada cativa...A rapazada de 3º dende Plurilingüismo e logo do obradoiro da Asociación Etnográfica A Merdeira de Vigo, fixeron esta maravilla para axudar a recuperar esta figura tan emblemática do entroido vigués.
viernes, 12 de enero de 2024
ENTROIDO....!
Aquí vos deixamos os mandadiños do noso Meco Merdeiro, tan típico de Vigo!
Como ben saberedes xa, Galicia ten unha riqueza cultural impresionante e en canto a festas... digamos que somos uns grandes expertos!
O Entroido en moitas localidades, é tan importante que lles leva preparalo todo o ano! Si, les ben! todo o ano!
Se queredes saber máis, aquí vos deixamos uns vídeos moi interesantes para que collades ideas, cóntadenos logo... de que vos ides disfrazar vós?