martes, 2 de diciembre de 2025

TEMPO DE NADAL

AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS

PRENDIDAS AS LUCES NAS VILAS

CAERON AS FOLLAS DAS ÁRBORES, 

XA PAPAMOS AS CASTAÑAS,

AO PORQUIÑO XA LLE CHEGOU O SAN MARTIÑO,

XA ABREN OS FURANCHOS

XA AFUMEAN AS CHIMENEAS....

ISO QUERE DICIR ALGO, NON SI?

POIS QUE É TEMPO DE PREPARARMOS O NADAL!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN CALENDARIO DE ADVENTO CON PANXOLIÑAS QUE VOS ANIMARÁN ESTAS FESTAS TAN SABOROSAS...



E NON PODEMOS ESQUECER O NOSO AMIGO XABARÍN, IDE PREPARANDO AS GORXAS E ENSIANDO O REMATE FINAL DO FESTIVAL...




Nesta terra tan fermosa, temos moitas tradicións e como non podía ser doutro xeito, sobra con quen  celebralas... Temos personaxes variopintos coma o Apalpador, os Reis Magos, o Papá Noel...Coñeces alguén

máis?






Podes ir preparando as túas cantigas de Nadal...e lembra! Nadal é tempo de compartir, así que se sabedes dalgún personaxe máis que queirades rescatar, poñédevos en contacto con nós e facédenolo chegar!






E por aquí deixámosvos información dalgunhas tracicións máis e curiosidades destas datas...

Preme na imaxe para descubrir cántas cousas che agardan...  👇👇👇

e se queres tamén poderás escribirlle a túa carta... preme na barba


E VAICHE BOA VILABOA! COA QUE ESTÁ A CAER,
 MANTIÑA E SOFÁ OU...CREA OS TEUS PROPIOS ADORNOS DE NADAL! MIRA ESTE TITORIAL A VER SE ES QUEN DE FACELO!





E POR SE QUEDADES CON GANAS DE MÁIS... DEIXÁMOSVOS UN CALENDARIO DE ADVENTO DE FÁBULAS, PARA QUE DESFRUTES CADA DÍA DO GALEGO!