CHEGA A PRIMAVERA E CON ELA MOITAS CELEBRACIÓNS, entre elas... AS LETRAS GALEGAS!
Este ano adicadas a..BEGOÑA CAAMAÑO
No barrio vigués do Calvario nace no ano 1964 Begoña Caamaño Rascado, unha nena curiosa, rebelde e vivaz que medra nun ambiente de xogos e lecturas, de lama e asfalto, de campos e hortas nos que desenvolve as primeiras experiencias de vida que a van marcar na maneira de ver o mundo e de entendelo.
Preme nas imaxes para descubrir máis sobre ela...
AQUÍ ATOPARÁS MOREAS DE ACTIVIDADES, VÍDEOS, XOGOS, CANCIÓNS!!!
E COMO NO LOPE SOMOS MOI MODERN@S, PREGUNTAMOS...QUE VOS PARECE ESTA CANCIÓN CREADA CON IA? PREME NA IMAXE PARA ESCOITALA...
E se te animas cun bo xogo, aquí vos deixamos estes...
Chega o mes de maio e con el unha das tradicións máis bonitas e recendentes de Galicia. Se pensabas que o 1 de maio era só para descansar, estás moi equivocad@! Nas nosas vilas sacamos o espírito máis "enxebre" para darlle a benvida á primavera como se merece: con arte, música e moita retranca.
🤔 QUE SON EXACTAMENTE OS MAIOS?
Non son árbores, pero paréceno. Os Maios son figuras feitas con elementos da natureza que representan o espertar da terra. Para facelos usamos:
Musgo e fieitos: Para darlle ese corpo verde tan característico.
Xestas e flores: Para dar cor e un arrecendo único.
Froitos: Como laranxas, ovos ou incluso castañas para os detalles.
A MAXIA DAS COPLAS
O mellor dos Maios non é só o bonitos que quedan, senón o que din! Ao ritmo dos paus e dos tambores, cántanse as coplas. Son versos cargados de humor e crítica social onde se repasa o que pasou no pobo durante o ano. É o momento de dicir as verdades cantando!
🛠️ E POR SE VOS ANIMADES A FACER UN... GUÍA RÁPIDA PARA FACER UN MAIO
A ESTRUTURA: Podes facela de madeira ou arame. Lembra que debe ser estable!
O VESTIDO: Vai "cosendo" o musgo con fío ou grampas pouco a pouco. É un traballo de paciencia!
A COR: Decora coas flores máis rechamantes que atopes no campo.
A RETRANCA: Prepara a túa canción. Canto máis graciosa, máis aplausos levarás.
Velaquí a rapazada de 6º procurando o seu...
💡 SABÍAS QUE...?
Antigamente existía o "Maio vivo": un neno ou nena cubríase totalmente de herba e flores e ía polas casas pedindo un pequeno aguinaldo a cambio de cancións.
Este ano non te quedes na casa e axúdanos a manter viva esta tradición tan nosa!
PODES PARTICIPAR EN VARIOS CONCURSOS QUE HAI POLA CIDADE...
PARABÉNS Á RAPAZADA DE 6º DO COLE, XA QUE VEÑEN DE GAÑAR O ENREGUÉIFATE NA MODALIDADE: A REGUEIFA MÁIS DIVERSA!
AI!! QUE B@S ARTISTAS TEMOS NO COLE! SE OS VEDES POLOS CORREDORES, APROVEITADE PARA PEDIRLLES UN AUTÓGRAFO! E TAMÉN Á PROFE MERI QUE FOI A SÚA MENTORA!
AQUÍ VOS DEIXAMOS O ENLACE PARA QUE DESFRUTEDES DA SÚA ACTUACIÓN...
Con este frío que nos trae o inverno, estamos desexando comidas quentiñas e típicas como o Caldo de Repolo. Anímate a cantalo con nós e xa de paso tomar unha cunquiña....
PATACAS, CHOURIZOS, UNTO, REPOLO.... NA VOSA CASA ENGADÍDESLLE ALGO MÁIS? CONTÁDENOS!
E NON PODEMOS ESQUECER O NOSO AMIGO XABARÍN, IDE PREPARANDO AS GORXAS E ENSIANDO O REMATE FINAL DO FESTIVAL...
Nesta terra tan fermosa, temos moitas tradicións e como non podía ser doutro xeito, sobra con quen celebralas... Temos personaxes variopintos coma o Apalpador, os Reis Magos, o Papá Noel...Coñeces alguén
máis?
Podes ir preparando as túas cantigas de Nadal...e lembra! Nadal é tempo de compartir, así que se sabedes dalgún personaxe máis que queirades rescatar, poñédevos en contacto con nós e facédenolo chegar!
E por aquí deixámosvos información dalgunhas tradicións máis e curiosidades destas datas...
Preme na imaxe para descubrir cántas cousas che agardan... 👇👇👇
Se queres tamén poderás escribirlle a túa carta... preme na barba
E VAICHE BOA VILABOA!
COA QUE ESTÁ A CAER,
MANTIÑA E SOFÁ OU...CREA OS TEUS PROPIOS ADORNOS DE NADAL! MIRA ESTE TITORIAL A VER SE ES QUEN DE FACELO!
POR SE QUEDADES CON GANAS DE MÁIS... DEIXÁMOSVOS UN CALENDARIO DE ADVENTO DE FÁBULAS, PARA QUE DESFRUTES CADA DÍA DO GALEGO!
POLO TANTO, XA SABES,... SE ES A FUTURA INVENTORA OU INVENTOR DA MÁQUINA DO TEMPO, RECORDA FACER AS TÚAS PESCUDAS EN GALEGO
A CONTINUACIÓN, PODERÁS DESFRUTAR DUN LIBRO INTERACTIVO CUNHA MOREA DE ACTIVIDADES... COA TOUPICIENCIA!
PREME NA TOUPIÑA....
e tamén podes desfrutar dos seus vídeos!
SE O TEU EIDO É EXPLORAR E COÑECER O DESCOÑECIDO, EN VEZ DE TANTO EXPERIMENTO, PODEDES DESFRUTAR DAS CHARLAS DESTAS GRANDES DIVULGADORAS CIENTÍFICAS QUE NOS AMOSAN O GRAN UNIVERSO ONDE VIVIMOS...