viernes, 18 de marzo de 2016

CAMIÑO DA LINGUA


O pasado mércores 16 de marzo a Concellería de Normalización Lingüística ofreceu a actividade Camiño da Lingua para os alumnos-as de 3º.
A actividades incluía probas lingüísticas, culturais e xogos, onde o vínculo foi a lingua gallega e a cidade de Vigo.




Todos quedaron moi contentos co desenvolvemiento e aproveitamento da actividade. 




Desexamos que volvades pronto!

miércoles, 9 de marzo de 2016

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

Hoxe, os alumnos de 5º de Educación Primaria, disfrutaron dunha sesión moi especial ofrecida polo SNL do Concello de Vigo. Na Ludoteca Lingüística os rapaces estiveron guiados por dúas monitoras e tiveron que facer unha xincana de probas físicas e lingüísticas. 







Unha xornada distinta na que a diversión estivo asegurada.

miércoles, 24 de febrero de 2016

DOBRAXE NA ESCOLA
A Consellería de Normalización Lingüísica organiza a actividade lúdico-educativa Dobraxe na escola.

Cuns aparellos coma éstes...
 e a axuda de Suso Pando e Manuel Pombal, os alumnos de 4º de Educación Primaria fixeron un divertidísimo obradoiro de dobraxe que contribuiu a mellorar a competencia oral en lingua galega.


 Despois dunha marabillosa actuación de Suso e Manuel no que mostraron os pasos da elaboración dunha película e a adaptación ó guión, os nenos fixeron a dobraxe da coñecida serie de Bob Esponxa.
 Os nenos ensaiaron o guión adaptado por Suso Pando e despois gravárono coas súas voces, convertíndose así en protagonistas.
Ó final de cada sesión puidemos ver o resultado das nosas dobraxes. 

 

viernes, 29 de enero de 2016

O MECO MANDA

Xa chegou o Meco  ó colexio, ten ganas de moita troula. Lembrade que empezamos o luns a festa do Entroido.





O MECO MANDA



martes, 8 de diciembre de 2015

Polo San Martiño....

O día 11 de novembro o alumnado de infantil celebrou o magosto. 
Fixemos unha sesión de xogos populares . Divididos en grupos mixtos puidemos xogar ás chapas, ao turra-soga, aos zancos, facer carreiras de sacos, ao xogo da culler, a castaña por detrás...pasámolo en grande!!!
Despois de case dúas horas xogando xa estaban as castañas preparadas para comer.     
Aquí  vos deixamos unhas fotografías de como transcurriu a xornada.



        






Dous días máis tarde, celebraron o magosto os nenos-as de primaria. Foi unha xornada moi agradable na que os-as nenos-as de 6º actuaron como monitores dos xogos tradicionais e outros máis actuais.
A continuación todos comimos as castañas que asaron algúns profes coa axuda inestimable de Santi, o noso conserxe.  




 

martes, 1 de diciembre de 2015

..................................................................SAMAÍN..................................................................


O alumnado do CEIP Lope de Vega traballou arreo para celebrar unha das tradicións máis antigas que data xa da época dos celtas: O Samaín.
Cada aula fixo un monstro con material de refugallo e moitos nenos-as trouxeron as súas cabazas e monstros para decorar os corredoiros do colexio.
O alumnado de primaria participou nun certame de relatos de medo. A maioría participou con entusiasmo e moitos dos textos arrepiaban.
O xoves 29 de outubro festexamos o Samaín!!
Os alumnos-as de infantil viron carecterizados das súas personaxes favoritas de medo e puidemos atoparnos con meigas, zombis, montros, vampiros, cabazas,...
Despois do recreo os alumnos-as de primaria caracterizáronse de seres terroríficos e deu comezo a festa.
Todos disfrutaron da obra ¨ Corre, corre, cabaciña¨ representada polos nenos-as de 6º de infantil, tamen tiveron a visita da Bruxa Maruxa que preparou nas súas marmitas unha menciña ben doce.
Por último, os rapaces de primaria fixeron un inercambio lector cos relatos máis arrepiantes.
Dende o EDLG agradecemos a todos a vosa colaboración.


domingo, 14 de junio de 2015

LUSCOFUSCO 2015

Aquí temos un novo número da nosa Revista Escolar LUSCOFUSCO.
Esperamos que sexa do voso agrado e que disfrutedes con ela lembrando moitas das actividades que se fixeron ao longo do curso.
                                                  (Premer na imaxe para abrir a revista)

http://issuu.com/dinalingualope/docs/luscofusco_2015
 

Aproveitamos para despedirnos ata o vindeiro curso e desexarvos unas

FELICES VACACIÓNS!