viernes, 14 de marzo de 2014
domingo, 9 de febrero de 2014
CALENDARIO DO ENTROIDO
O Entroido, ou Carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.
Cando se celebra: 7ª, 6ª e 3 días da 5ª semana antes de Pascua de Resurrección.
O Entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O
Martes de Entroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo,
pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro.
As súas datas fundamentais, por
orde, son:
·
Domingo fareleiro
·
Domingo oleiro
·
Xoves de compadres
·
Domingo corredoiro
·
Xoves de comadres
·
Domingo de entroido
·
Luns de entroido
·
Martes de entroido
·
Mércores de cinza
·
Domingo de piñata
DOMINGO FARELEIRO:
Daba comezo ao Entroido. Segundo as
zonas recibía o nome de fareleiro, borralleiro ou das trapalladas, en función do
que se botaba para emborrallar á xente: fariña, farelo, borralla, formigas…
DOMINGO OLEIRO:
Segundo domingo do Entroido. Recibía este nome polo xogo das “olas” consistente
en pasar estas potas de barro, con auga, viño ou fariña de uns a outros, todos
colocados en círculo.O que lle caía tiña que convidar a unha rolda de viño.
XOVES DE COMPADRES : As mozas facían un boneco (compadre, reco, coresma
ou lardeiro). É un moneco de palla que argallan as mozas e visten con traxe roubado
a un mozo. Corren o boneco polas rúas, namentres os mozos pretenden arrincarllo
das mans.
DOMINGO CORREDOIRO: Este domingo paseaban o burro , que o facian dous mozos disfrazados. Eran guiados polo maragato, e recorrían as aldeas. Tamén
se botaban todo tipo de cousas: fariña, formigas, ovos podres…Tamén se
celebraba a corrida do galo, da que
leva o nome.

XOVES DE COMADRES: O xoves de
comadres son os mozos quen fan a lardeira
co mesmo ritual de loita de sexos. Lardeiro
e lardeira quéimanse públicamente.
DOMINGO DE ENTROIDO: Este día a laconada, a cacheira
do porco, os chourizos, xunto con filloas
e orellas son os protagonistas das nosas mesas, e motivo de xuntanza
familiar.
A xente se disfraza e os disfraces levan variados nomes: máscaras, entroidos, mecos, cigarróns,
felos, piliqueiros, murrieiros, choqueiros, charrúas, mulas, morenas, vellos,
muradanas, maragatos....A personaxe alegórico das festas é o Entroido ou Meco.

MARTES DE ENTROIDO: O día grande xunto co domingo , no que teñen lugar
as cabalgatas, bailes e festa rachada. Neses días todo o mundo sae ás rúas
disfrazados.
MÉRCORES DE CINZA: É o final do Entroido e o principio da
Coresma. Ten lugar o tradicional enterro
da sardiña ou do meco,
no que despois dunha procesión satírica queimase o boneco que representa o
Carnaval.
DOMINGO DE PIÑATA: Celebración especialmente urbana, que ten lugar o
domingo seguinte (xa Coresma), e que recibe ese nome polo costume de romper
unha piñata cun pau e cos ollos tapados.
martes, 14 de enero de 2014
NOVA CANTIGA
Temos aquí una nova cantiga para os meses de xaneiro e febreiro.
Esperamos que vos guste e que a cantemos todos na FESTA DO ENTROIDO!
SE
CHOVE
Eí vén o vento do mare
eí vén o vento mareiro.
Eí vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro. (BIS)
Se chove, deixa chovere,
se orballa, deixa
orballare,
por máis que chova e vente
de ti non me hei de
apartare. (BIS)
Pasei pola ponte abaixo,
vin saltar unha sardiña
mariñeiros ide ao mare
e botádelle a traíña. (BIS)
perdín a miña navalla,
rema, mariñeiro, rema
que alá no mar me quedaba. (BIS)
ha tropezar cos penedos,
eu que ando polo día,
tropezo cos teus enredos. (BIS)
domingo, 24 de noviembre de 2013
TRADICIÓNS DE NADAL
Cantares de Nadal e Reis
Houbo un tempo
en que foi tradición habitual ir cantar polas casas nestas festas de Nadal.
Grupos de
mozos e mozas percorrían a parroquia cantando panxoliñas, cantos de
Nadal ou cantares de Reis. A cambio, pedían o aguinaldo, xeralmente
en especie (viño, chourizos, touciño, doces, etc...) que logo consumirían todos
xuntos facendo unha festa ou foliada.En Noite Boa, á saída da Misa do Galo, os mozos percorrían a aldea cantando "panxoliñas" ou "nadais" e pedindo o aguinaldo. O día de Nadal facían outro tanto.
Na Noite Vella saíase a cantar polas casas os "manueis", as "xaneiras" e "aninovos" e a véspera de Reis os "cantares de reis" ou "aguinaldos".
Os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal, aínda que non era estraño incluír algunha loubanza á casa para a que se estaba a cantar en cada momento para así conmover a xenerosidade do doador. No caso de que a persoa homenaxeada co cantar non colaborase, existían composicións que facían saber á veciñanza quen estaba menos disposto a compartir os seus alimentos.
Os cantos de Reis soen comenzar con
unhas estrofas de presentación dos "reiseiros" nas que se pedía
permiso ou licenza para cantar na casa. A continuación viña o propio canto de
Reis e adoitaba acabar con unha estrofa de loubanza ós da casa onde se cantaba
en caso de obter un aguinaldo xeneroso, ou unha estrofa ferinte si o aguinaldo
non era o desexado.
De seguido tocábase
unha xota ou unha muiñeira e convidábase aos da casa a danzar.
Os cantares interpretábanse
en cuadrillas, con variedade de
compoñentes e de instrumentos, ou en xugadas.
Estas formacións compóñense dun gaiteiro e de un ou varios cantores que van ao
seu carón e incorporan ocasionalmente percusión e instrumentos varios, sobre
todo os denominados humildes (botellas de anís, cunchas, paus, piñas,...)
A temática dos cantos
adoita xirar arredor da visita dos Reis a Cristo, ou do peregrinar de Xosé e de
María na busca dun lugar onde parir.
Pola zona sur da provincia de Pontevedra, conservan a súa
propia tradición de cantos de Nadal. Os
Ranchos de Reis e as Rondallas son típicas de esta comarca.
Das Rondallas xa hai constancia documentada
desde 1920. Hainas en Redondela, Vigo, Mos, Porriño e Ponteareas.
Os maiores din que,
logo de ir á leira, collían os instrumentos que había na casa, moitas veces
feitos a man, e logo ían de pasarrúas polos barrios, executando, con
instrumentos tradicionais, pezas do folclore coma muiñeiros, fandangos ou
pasodobres.
Os grupos contan coa
peculiaridade de que todos os seus membros van ataviados con capas e boinas e
que desfilan detrás dos abandeirados que portan un emblema co nome da rondalla.
Os Ranchos de Reis son típicos de
Redondela, Ponteareas, Mondariz, Salceda de Caselas e outras localidades da comarca do Condado.
Saen o 6 de xaneiro e
percorren as rúas entoando cantigas ao ritmo das pandeiretas e outros
instrumentos que acompañan as danzas. Son "danzas brancas" pola
preeminencia desta cor na vestimenta dos danzantes. As danzas que se executan
son xeralmente de paus, arcos, cintas e castañolas.
Hoxe, moitas das
antigas tradicións e dos antigos ritos perdéronse e outras van camiño de
esmorecer, pero aínda hai xente que se resiste a perder a nosa identidade como
pobo e mantén viva a nosa cultura popular.
CANTIGA DE NADAL
Xa estamos moi perto do Nadal!
Aquí temos una cantiga tradicional para aprender e poder cantala nas festas!
DESPEDIDA
DE ANO VELLO
Despedida de Ano Vello,
entradiña de Aninovo,
os señores de esta casa
mais conten con grande gozo,
mais conten con grande gozo
ai lalelo, ai lalalo
entradiña de Aninovo,
os señores de esta casa
mais conten con grande gozo,
mais conten con grande gozo
ai lalelo, ai lalalo
Vivan os nenos do Lope,
que viñeron a tocar
ao neno recén nacido
entre as pallas do Portal (BIS)
que viñeron a tocar
ao neno recén nacido
entre as pallas do Portal (BIS)
Ano Novo, vida nova
Ano Novo que traerás,
o vello suspiros leva,
o novo xa os traerá,
o novo xa os traerá
ai lalelo, ai lalalo
Ano de festas que naces,
o pasado xa pasou,
a primavera enverdece
o xardín que se marchou,
o xardín que se marchou
ai lalelo, ai lalalo
Ano Novo que traerás,
o vello suspiros leva,
o novo xa os traerá,
o novo xa os traerá
ai lalelo, ai lalalo
Ano de festas que naces,
o pasado xa pasou,
a primavera enverdece
o xardín que se marchou,
o xardín que se marchou
ai lalelo, ai lalalo
Vivan os nenos do Lope........
Ano Novo, vida nova
Ano Novo que traerás,
o vello suspiros leva,
o novo xa os traerá,
o novo xa os traerá
ai lalelo, ai lalalo
Ano Novo que traerás,
o vello suspiros leva,
o novo xa os traerá,
o novo xa os traerá
ai lalelo, ai lalalo
domingo, 10 de noviembre de 2013
MAGOSTO 2013
A COLLEITA DAS CASTAÑAS
Hai anos os castiñeiros eran abundantes na nosa terra e daban moitas castañas, que eran recollidas en sacos e levadas para as casas.
O castiñeiro non dá máis traballo que o de sacarlle alguna póla seca, xa que el mesmo se esterca coa folla que lle cae no outono.
A finais de outubro ou primeiros de novembro as castañas empezan a caer dos ourizos; as primeiras son "as do angazo", que se recollen con este trebello e se traen para casa en cestas e en sacos.
Despois os castiñeiros varéanse coa baloira para ir guindando os ourizos ó chan.
Amoréanse ou bótanse na ouriceira para que se murche o ourizo e abra, sacando entón as castañas co angazo.
Orizada-las castañas, lévanse para a casa e as que non se consumen meses días van ao canizo para secaren.
Nas zonas que dan moitas castañas constrúense sequeiros, edificios que teñen un andar coas táboas do chan lixeiramente separadas unas das outras e cheas de buratos; alí bótanse as castañas, coidando de remexelas de cando en vez. No andar de abaixo, cun piso de terra, acéndese lume e o fume pasa ao primeiro andar por entre as castañas e vainas secando. Estes sequeiros tamén teñen polo xeral una tarima para durmir o que está ao coidado das castañas.
Unha vez secas, bótanse no canizo, de onde se van collendo conforme se precisan, ou se lles tira a casca e gárdanse en sacos ou arcas. Logo, cando convén, apártanse as precisas para o consumo e as outras véndense na feria. Nalgunhas comarcas, a mais do consumo humano, tamén se usan para comida do gando.
miércoles, 6 de noviembre de 2013
SAMAÍN 2013
Este ano celebramos a festa do SAMAÍN con una mostra de CONTOS DE MEDO:
e moitos MONSTROS ARREPIANTES:
E aquí tedes una escolma dos mellores:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























