martes, 14 de febrero de 2012

POLO CORREO DO VENTO

O venres 10 de febreiro viñeron visitarnos Carlos e Quique que son o ilustrador e escritor dos libros da colección "Polo correo do vento" da Editorial XERAIS.
Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria disfrutaron do relato oral dun conto e, ao mesmo tempo, foise debuxando un mural correspondente a unha escena da narración que nos estaban a contar.
Posteriormente houbo unha rolda de prensa donde os alumnos fixeron preguntas arredor da historia do conto e o seu remate.
Acabamos esta actividade con un obradoiro de debuxo sobre a pita namorada do conto.
Esta actividade foi ofertada pola  Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.









miércoles, 8 de febrero de 2012

OS CONTOS/CANTOS DO BARDO ABELARDO

O pasado día 31 de xaneiro recibimos ao bardo Abelardo  que nos viu contar e cantar para todo o alumnado de Educación Infantil.
O bardo Abelardo recolle contos, rimas e cantigas populares para que os nenos e nenas se divirtan e coñezan a nosa lingua e as nosas tradicións.
Amosounos un  repertorio baseado en contos, rimas, adiviñas e cancións participativas no que os nenos e nenas de Infantil o pasaron moi ben.
Esta actividade foi levada a cabo por medio da oferta

que a Concellería de Normalización Lingüística do

Concello de Vigo ofrece aos centros de ensino para a

dinamización da lingua galega.




COMO SE DI? 2º XOGO

Este novo xogo consiste en unir cada palabra das que se

atopan abaixo co número da imaxe que lle corresponda.

Observade que as palabras que vos presentamos son

verbos porque as imaxes nos amosan accións.

Animádevos a participar que é moi doado¡¡¡¡¡

Investigade e cubrir o impreso coa vosa resposta¡¡¡¡

Tamén haberá sorpresas para os mellores participantes¡