miércoles, 8 de febrero de 2012

OS CONTOS/CANTOS DO BARDO ABELARDO

O pasado día 31 de xaneiro recibimos ao bardo Abelardo  que nos viu contar e cantar para todo o alumnado de Educación Infantil.
O bardo Abelardo recolle contos, rimas e cantigas populares para que os nenos e nenas se divirtan e coñezan a nosa lingua e as nosas tradicións.
Amosounos un  repertorio baseado en contos, rimas, adiviñas e cancións participativas no que os nenos e nenas de Infantil o pasaron moi ben.
Esta actividade foi levada a cabo por medio da oferta

que a Concellería de Normalización Lingüística do

Concello de Vigo ofrece aos centros de ensino para a

dinamización da lingua galega.




No hay comentarios:

Publicar un comentario