martes, 14 de febrero de 2012

POLO CORREO DO VENTO

O venres 10 de febreiro viñeron visitarnos Carlos e Quique que son o ilustrador e escritor dos libros da colección "Polo correo do vento" da Editorial XERAIS.
Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria disfrutaron do relato oral dun conto e, ao mesmo tempo, foise debuxando un mural correspondente a unha escena da narración que nos estaban a contar.
Posteriormente houbo unha rolda de prensa donde os alumnos fixeron preguntas arredor da historia do conto e o seu remate.
Acabamos esta actividade con un obradoiro de debuxo sobre a pita namorada do conto.
Esta actividade foi ofertada pola  Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.









No hay comentarios:

Publicar un comentario