Día das Letras Galegas
Cantares gallegos
Non está confirmada a data exacta da publicación de Cantares
Gallegos, pero tómase como tal a data expresada por Rosalía na dedicatoria do
poemario a Fernán Caballero , asinada o 17 de maio de 1863.
A principios dos anos sesenta, Francisco Fernández del
Riego propuxo a institución dunha
celebración anual que potenciase a língua galega, ó modo do Día del Libro que
se celebraba en España co gallo do aniversario da morte de Cervantes , o 23 de
abril . Inmediatamente pensou situala na data da publicación de Cantares
Gallegos, polo seu significado no rexurdimento da literatura galega. Trala súa
proposta, a Real Academia Galega aprobou
en 1963 convoca-lo Día das Letras
Galegas o 17 de maio de cada ano, celebrándose
ese mesmo ano en honra de Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario