lunes, 26 de febrero de 2024

SABÍAS QUE NESTE COLE... PERMITIMOS SACAR A LINGUA? 21 FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 TAL COMO OES!

QUE CHE PARECE?

PREME NA CANCIÓN E ANÍMATE A SACAR 

A LINGUA FÓRA!





Con tanta troula decirvos que o  21 de febreiro, adicámosllo á celebración do Día da Lingua Materna.
A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Promulga deste xeito, a través da celebración do 21 de febreiro, a necesidade dun día de conmemoración das linguas para protexer e amparar a pluralidade cultural e lingüística de cada comunidade, preservando a diferenza e fomentando a tolerancia e o respecto aos demais.
Dende o Lope sumámonos a esta intención co orgullo que nos proporciona dicir que a nosa lingua nai é o galego e que nos esforzamos por crear un espazo de resistencia e liberdade no que darlle acollida e facela medrar. (Ed. Galaxia)



















sábado, 10 de febrero de 2024

ENTROIDO II ! e moito máis...

E que non hai dous sen tres! Aquí no Lope non deixamos nin que a choiva nos quite as ganas de troula!

Para que vexades que ben o pasamos, deixámosvos un pequeno anaquiño da nosa merdeirada cativa...A rapazada de 3º dende Plurilingüismo e logo do obradoiro da Asociación Etnográfica A Merdeira de Vigo, fixeron esta maravilla para axudar a recuperar esta figura tan emblemática do entroido vigués. 








Nuns días haberá algunha sorpresiña máis do noso entroido, que non só hai merdeiros, tamén... ups! case se me escapa! Teredes que esperar un pouquiño máis...

E se queredes saber máis dos Merdeiros e a súa historia, podes atopar info premendo por aquí abaixo...




POR FIN PUIDEMOS TER O NOSO MERECIDO DESFILE DE ENTROIDO! UNHA PEQUENA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS EN INFANTIL...