E COMO PECHE A TODAS AS ACTIVIDADES QUE ESTAMOS A DESENVOLVER ESTE CURSO...
SAIDIÑA DO FORNO...
PREME PARA DESFRUTAR DELA!
E COMO PECHE A TODAS AS ACTIVIDADES QUE ESTAMOS A DESENVOLVER ESTE CURSO...
SAIDIÑA DO FORNO...
PREME PARA DESFRUTAR DELA!
TAL COMO OES!
QUE CHE PARECE?
PREME NA CANCIÓN E ANÍMATE A SACAR
A LINGUA FÓRA!
Con tanta troula decirvos que o 21 de febreiro, adicámosllo á celebración do Día da Lingua Materna.
A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Promulga deste xeito, a través da celebración do 21 de febreiro, a necesidade dun día de conmemoración das linguas para protexer e amparar a pluralidade cultural e lingüística de cada comunidade, preservando a diferenza e fomentando a tolerancia e o respecto aos demais.
Dende o Lope sumámonos a esta intención co orgullo que nos proporciona dicir que a nosa lingua nai é o galego e que nos esforzamos por crear un espazo de resistencia e liberdade no que darlle acollida e facela medrar. (Ed. Galaxia)
E que non hai dous sen tres! Aquí no Lope non deixamos nin que a choiva nos quite as ganas de troula!
Para que vexades que ben o pasamos, deixámosvos un pequeno anaquiño da nosa merdeirada cativa...A rapazada de 3º dende Plurilingüismo e logo do obradoiro da Asociación Etnográfica A Merdeira de Vigo, fixeron esta maravilla para axudar a recuperar esta figura tan emblemática do entroido vigués.
Aquí vos deixamos os mandadiños do noso Meco Merdeiro, tan típico de Vigo!
Como ben saberedes xa, Galicia ten unha riqueza cultural impresionante e en canto a festas... digamos que somos uns grandes expertos!
O Entroido en moitas localidades, é tan importante que lles leva preparalo todo o ano! Si, les ben! todo o ano!
Se queredes saber máis, aquí vos deixamos uns vídeos moi interesantes para que collades ideas, cóntadenos logo... de que vos ides disfrazar vós?
Este curso estamos a traballar no cole o Proxecto "Miña Terra Galega" en colaboración coa Biblio do noso cole... e sabiades que en Galicia temos o noso propio "Papá Noel"? Neste caso nós chamámoslle Apalpador....por se che apetece coñecelo mellor...
O Apalpador
E velaquí un pequeno resumen do ben que o pasaron os pequechos de Infantil...
e os artistas de Primaria...